Get Adobe Flash player
Galician Basque Catalan English Portuguese Spanish

Pouco que sabemos da Historia de Teixeira do Courel

Na actualidade é unha aldea que pertence á Parroquia de San Pedro de Noceda, no Concello de Courel. E digo na actualidade porque non sempre pertenceu a esta Feligresía. Neste artigo, vou diferenciar o que esta documentado, das memorias dos nosos antergos ( tan veridicas como as anteriores):

“De boca en boca”

Grazas a estas memorias, sabemos:

• Teixeira constaba de 32 casas a principios de século , das cales quedan 15, se contamos as casas que “fumean regularmente”.

• Teixeira contaba con Xuiz de paz propio(Jossep de Aira), Forca (conservase o nome nun monte) e Carcere (tense Constanza da casa na que estaba) .

• O asentamento cambiou de emprazamento (por documentación de Bautismos, foi polo 1700-1750, e non se transladaron todos a un tempo), pasou das Teixeiras(monte que agora pertence a aldea de Noceda) o emprazamento actual que denominaban , por aquel tempo, “Nova Cima” .

• Promedio de habitantes e casas foi aumentando ata ben entrada a posguerra, e descendendo co paso dos anos, pasando de máis de 120 persoas a uns 60 na actualidade. Esto , emparte, debeuse ó minifundismo da zona e o pouco futuro que tiña e ten a Gandeiria según está; na Alta montaña Lucense.

A continua emigración hacia zoas industrializadas da peninsula tamén mermou a poboación. Ainda que a calidade de vida mellorou considerablemente, devido a avances tecnoloxicos e mecanicos (novas quitaneves, Internet, menos escravitude , redimension das explotacións…) . Queda moi distante dos servizos dos que gozan nas urbes, xa que estamos nús en comunicacions, servicios de urxencias, alternativas culturais, empresas con traballos , ocio e entretementos,… A principal adicación da Aldea era ata 1º ½ do XX , a plantación de trigo e pan, o cal requería moita man de obra e escravitude para “malvivir”. Na actualidade o total PIB proben da Gandeiria e das pensións. Neste sentido mellorou ata o punto de que hay entorno a 250 cabezas de gando , en 14 explotacións, ainda que tamén con un traballo excesivo para poucos rendimentos.

“Con base documentada”

A documentación sobre Teixeira e escasa en canto a datos xerais sobre a aldea .

1. O primeiro escrito que fala de Teixeira é a finais do século XIX. O rematar a idade Media denominábase Coto de Teixeira , e pertencía a San Julian de Samos, o que é hoxe o Mosteiro de Samos.

2. En 1551 tense constanza de que se lle deixou este coto aos Balboa, uns Burgueses/Caciques da zona do Bierzo , que cobraban impostos ós residentes, que logo lle venderon esta concesion o crego bacharel Jerónimo Gil de Quiroga, pero só se limita a adquirir rendas permanencendo a xurisdicción de Teixeira nas mans dos Balboa (Legado da Casa de Vilarxoan, Incio).

3. En 1756 a través do Marques da Ensenada, que recorria as terras dos reis para anotar o que posúian, sabemos os primeiros datos globais sobre o que se adicaban as suas xentes, calidade dos montes, muiños en funcionamento(8 emprazados entre os Muiños e a Campavella), cantinas, pobres e unha descripción de cada casa e as suas posesións. Xa emprazada a aldea no actual Teixeira, saen por exemplo nunha das casas as vacas que tiña, ovellas e o pago dunha Tenreiro todos os anos ó Mosteiro de Samos; asi como un pago por nacemento á Catedral de Santiago.

4. 1859 , aparece un censo da Parroquia , a cal podedes ver nunha foto nesta web. 1956 , o Catastro antiguo , a parte de indicar o que poseía cada casa,da Virola. Ou que os enterramentos costaban nesa época 4 reais, e os que non os tivera , anotábano como enterrado sin sacramentos. Sorprendeume o feito de que cando nacía unha nena , esta levaba os dous apelidos da nai e se era neno, levaba os dous do pai. Podendo aparecer irmáns con apelidos totalmente distintos. Este detalle fai que sexa máis difícil atopar os vinculos familiares. Compre mencionar apelidos que hoxe non existen como De Castro, Rio, Cassanova… É posible que exitan máis datos sobre o conxunto da Aldea.

Eu estou convencido de que no tumbo de Samos que se divide en dúas partes, aparece algo máis xa que eramos posesión súa. Na 1ª parte que vai dende o VII ao XIV non aparece nada da nosa Teixeira . Na 2ª parte , desde o XV en adiante seguramente fale de TAXARIA como a nosa Teixeira que nos viu nacer. Outra fonte de posible información é o Nomenclátor de Floridablanca de 1789. A existencia de nomes como o xa mencionado “A Forca” , “Modorra”(enterramento castrexo), “Tralo Castro”, “Sucastro”, “Chao do Castro”, “Pozo das Olas”, “Buraca das Grellas”(Fenda na terra que nos da nome á Asociación)… mostranos o camiño para seguir investigando sobre o noso pasado.

 

Calqueira cousa que coñezas a maiores, fainolo saber.

Saudos, Óscar Carrete