ALFONSO II O CASTO-REFUXIADO EN SOBREDO.Desde o Ano 763 aprox.

O rei Alfonso II O Casto, segundo algúns, primeiro peregrino a Santiago, nado no ano 760, en Oviedo. Chegou ó Courel, segundo – algunhas crónicas puido chegar ó Courel, con 3-6 anos. Posiblemente entre o 763-766

A súa tía Adosinda neste caso quen o conduciu a seguro, buscando no Mosteiro de  Samos axilo cos favores de Fruela I (rei de Galicia desde 757 ó 768 e pai de Alfonso II o Casto)

A debilidade de Alfonso que contaba con cinco anos, quizais catro, seica tres , mentres a súa indefensión case absoluta, encheu a súa vida de sombras, complementouna ,  a súa tía Adosinda -coa súa resolución e a súa poder. O Mosteiro de Samos xa desenvolvera eficazmente os ímpetos de Argerico ( abade de Samos nesa época),  que Fruela apoiaba.  O Mosteiro de Samos xa era entón recollido, pouco transitado ,  con terreos para labrar, e con espazos interiores propicios para a escritura … Foi Fruela quen puxo  sobre as  ruínas do Mosteiro, a nova e poderosa fundación.

Cando o fillo de Fruela I perseguido presentóuselle no seu nome, o Mosteiro acolleuno con gozo, e ofreceulle seguridades santas de protección e tenrura fronte o seu tio Aurelio ( rei desde (768-774)

Pero ao retiro de Samos debeu chegar apresuradamente algún rumor de inquietude. Houbo que esconder ao neno onde puidesen ofrecerlle amparo, de ameazarlle algún risco, tódalas espesuras e asperezas da serra do Courel.  Concretamente en Sobredo, ás beiras do Lor. Alfonso viviu en Sobredo baixo a providencia dos monxes, medrando e formándose , pureza para o seu espírito, e illamento para a súa ·misión.  O futuro recibiu os seus primeiros estudios na igrexa mosteiral de Visonia (a actual Visuña).  No dito Sobredo, os monxes contaban cunha Granxa que servía o mosteiro de viveres. Aínda hoxe se conserva o nome na toponimia do lugar.

Recordamos que nesa época o Mosteiro comezou a gañar posesións ata o sec XII aproximadamente. No Courel contaba coa Capela de Paderne, Sobredo, e Meiraos a partires do sec. X

Posesións de Samos s. VIII -X
Contaba con 40 parroquias en couto redondo , nesa época

Transcorreron os séculos, sobre as sucesións das xentes, e aínda e conserva na tradición oral.

No  791 accede ó trono do Reino de Galicia, atopámonos ante un dos monarcas máis lonxevos da nosa historia e cuxo tempo de reinado efectivo (cincuenta e uns anos) é tamén dos máis longos.

AFONSO II ratificou os privilexios do seu pai, a favor do Mosteiro de Samos, o cal contaba daquela con 44 parroquias.  Entre esas posesións, no Courel, estaba Soberetum ( Sobredo) e a capela de Paderne.

O 21 de Outubro do 1082 , o rei Afonso VI, comezou un preito cos monxes polas propiedades. Viñeron peritos e observadores, que analizaron os marcos, e o preito gañouno o Mosteiro.

Afonso II O Casto, finalmente foi enterrado na Igrexa de Nuestra Señora de do Rey Casto de Oviedo. Aínda que debido a un derrubo e reconstrución da Igrexa, os restos de Afonso O Casto, están desaparecidos.

Hai unha lenda (recollida por Xesús A. Parada na revista A Candea) que dicía que o rei finalmente fora enterrado no Castro de Megoxe , que o trouxerón a enterrar os Monxes de Samos. Fora traído por unha rodeira que comunicaba co Mosteiro de Samos, a dita rodeira solo era visible se ardía o monte.

Fontes: Libro de Alfonso II, el Casto : (Oviedo, 791 DE c.) / Constantino Cabal Informantes: Óscar Carrete, Xesús A. Parada