REPRESALIADOS NA POSGUERRA POR PENSAR DISTINTO

Trala guerra civil, encausouse ós Concelleiros do Caurel que algún pertencía a partidos de esquerdas (Fronte Popular, Partido Agrario Radical Gallego) e outros nin estaban afiliados a ningún parido.

A seguinte imaxe, pódese ver o proceso no Xulgado de Lugo de 2ª Instáncia. Pola lonxitude do expediente e porque cada copia, custa 1,10€, só se replicou o listado de Concelleiros. Á marxe tamén anotamos as casas ás que pertencian.

Algúns destes concelleiros estaba afiliado ó Partido Agrario Radical Gallego (PARG) que era un partido  galego de carácter republicano, agrarista e autonomista fundado en xullo de 1931, dirixido por Amador Rodríguez Guerra . Un dos integrantes, era Camilo López López da Casa de Gaia de Ferramulín. Coñecido por Tio Camilo entre os veciños de Ferramulín ,improvisaba poesías e facía inventos. Pero cando a Falanxe e as J.O.N.S gañaron a Guerra Civil, no Caurel tentaron espoliarlles os bens a todos os concelleiros deste listado. Solicitáronlle informes ós párrocos de cada parroquia e rexistro dos seus bens. Os electos, tiveron que recoller sinaturas, recomendacións e amizades para que a causa quedase en nada. Finalmente os bens non lles foron requisados. O maior mal que fixeran era ter pensamentos republicanos e representar á súa veciñanza, en tempos de seguro ben difíciles.

Tamén o mestre de escola GREGORIO GARCIA MIRALLES , natural do Caurel é acusado de dirixir o M.R (Marxismo Revolucionario) e de ter pensamentos de esquedista. Faino preso no carcere de Lugo. Deu clases na escola de Meiraos, pero descoñecemos de que aldea era.

No arquivo de Causas Politicas sae tamén AVELINO MENDEZ CASTRO, natural de Cruz de Outeiro. Era concelleiro no Caurel e acusano de propagandista do M.P, no ano 1941. Fórono buscar e non se atopaba na casa, nin el nin ningún familiar. Alegou e quedou en liberdade.

Cando alguen non quería ir á guerra, non se presentaban no recrutamento e dábanos por fugados ou comunmente chamados escapados. Xulgáronse dous casos no nos concello e puxeron en busca e captura a MARCIAL LÓPEZ CRESPO, ALBERTO RODRÍGUEZ PERAL E ANTONIO RODRÍGUEZ PERAL. Finalmente quedaron absoltos. Eran os 3 da parroquia de Esperante.

Informante Óscar Carrete