No ano de 1972, despois de 8 anos da solicitude, as parroquias de A Seara e Outeiro pasaron a Quiroga. Sendo alcalde no Caurel, Jaime de Puentes de Folgoso, que se opuxo á medida, polo que foi destituido. Ese non foi o único intento que houbo de cambio de concello.
A parroquia de Pacios de Tralaserra solicitou segregarse de Quiroga e incorporarse ó Caurel o 14 de agosto de 1845. A Deputación non lles autorizou
O 27 de abril de 1844 os veciños das parroquias de Hórreos e Visuña solicitaran formar Concello propio. A Deputación tampouco o aprobou.
O 27 de marzo de 1837 a veciñanza das parroquias de Lousada e Pacios piden formar Concello propio e senón é posible que fosen agregados ao de Caurel. Tamén desestimada…
Nas seguintes imaxes, pódese ver o expediente de A Seara e Outeiro




O 8 de Abril de 1947 houbo sesión extraordinaria pola petición dos veciños de Carbedo e Liñariños, querendo segregarse do Concello e formar concello própio.
Informante X. Parada