{"id":1358,"date":"2023-02-25T18:39:03","date_gmt":"2023-02-25T18:39:03","guid":{"rendered":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358"},"modified":"2023-02-25T18:44:42","modified_gmt":"2023-02-25T18:44:42","slug":"receitas-do-courel","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358","title":{"rendered":"Receitas  do Courel"},"content":{"rendered":"\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>O ROSC\u00d3N<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes:1 ducia, 2 ducias ou 2\u00bd de ovos, en funci\u00f3n da cantidade de ovos as\u00ed levaba o resto dos ingredientes, tantas culleradas de azucre como de ovos, tantas de fari\u00f1a e tres m\u00e1is, 1 sobre de fermento en po (agora empr\u00e9gase, en tempos cando non hab\u00eda fac\u00edase sen el).<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: casca-los ovos, separa-las xemas das claras, bater estas \u00faltimas a punto de neve, para comprobar que xa estaban a punto, po\u00f1\u00edan o recipiente boca abaixo, se quedaban pegadas e non ca\u00edan era o momento de engadi-las xemas e o azucre, bate-lo con forza ata que fac\u00eda \u201cligue\u201d, despois cando xa se \u00eda cocer engad\u00edase a fari\u00f1a e a l\u00e9vedo.<\/p>\n\n\n\n<p>Compre salientar que hab\u00eda que alternar esta tarefa co amasado do pan posto que coc\u00edase todo na mesma fornada: pan e rosc\u00f3n, ent\u00f3n pod\u00edase bater o rosc\u00f3n antes, e por \u00faltimo cando xa se introduciran as pezas de pan, botarlle a fari\u00f1a a levadura, batelo con forza, logo po\u00f1elo nun molde untado e enfari\u00f1ado cun burato central e po\u00f1elo a cocer. A duraci\u00f3n era moi variable, en funci\u00f3n da temperatura do forno e da cantidade de ovos que levase. Para comprobar que estaba cocido, pic\u00e1base cunha agulla de tecer, se sa\u00eda con restos de masa pegados, era que a\u00ednda estaba cru, se sa\u00eda limpa xa estaba cocido. Para desmoldalo pas\u00e1baselle un coitelo ou a agulla de tecer entre o molde e o doce, po\u00f1\u00edase boca abaixo o molde, e golpe\u00e1base coa man ata que se despegaba se quedaba alg\u00fan anaco pegado no molde, coloc\u00e1banselle o m\u00e1is xeitosamente posible, d\u00e1baselle a volta, para que quedase boca arriba e adorn\u00e1base cunhas claras de ovo batidas con azucre.<\/p>\n\n\n\n<p>Quero salientar que deb\u00eda ser batido moito tempo, con forza, e sempre cara o mesmo lado, non se pod\u00eda bater unhas voltas para o lado dereito e logo para o esquerdo, xa que iso estragaba o doce.<\/p>\n\n\n\n<p>O Rosc\u00f3n eran sen d\u00fabida o doce m\u00e1is enxebre do Caurel, a\u00ednda hoxe segue a facerse, seguindo a receita orixinal, a\u00ednda que pode ser batido cunha batedora el\u00e9ctrica, tradicionalmente bateuse a man, co batidor de varillas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>O BISCOITO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: 6 ovos, ou 3, 1 vasi\u00f1o de azucre por ovo e outro de leite, 2 ou 3 vasi\u00f1os de fari\u00f1a por ovo (dependendo da firmeza que se lle quixese dar) a rela dun lim\u00f3n frita en medio vasi\u00f1o de aceite de oliva, 1 sobre de fermento en po.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image.png\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"576\" src=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1024x576.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-1359\" srcset=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1024x576.png 1024w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-300x169.png 300w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-768x432.png 768w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1536x864.png 1536w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-533x300.png 533w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image.png 1600w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: bate-los ovos, sen separa-las xemas das claras, a\u00ednda que pod\u00edanse separar e batelas por separado, para que quedase m\u00e1is brandi\u00f1o, engadi-lo azucre, logo batelo un pouco mais, po\u00f1e-la fari\u00f1a, o aceite coa rela do lim\u00f3n, e por \u00faltimo o fermento, botalo nun molde untado e enfari\u00f1ado.<\/p>\n\n\n\n<p>Para a cocci\u00f3n e desmoldado, hab\u00eda que segui-los pasos descritos para o caso do rosc\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Este biscoito era m\u00e1is duro que o rosc\u00f3n, pero cun agradable recendo a lim\u00f3n que o fac\u00eda moi apreciado, para as festas, matanzas dos porcos, e toda clase de celebraci\u00f3ns.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>FLAN DE OVO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: 1 ducia, ou media de ovos, tantas culleradas de azucre coma de ovos,1 cuartillo de leite (o cuartillo era unha medida que se empregaba para os l\u00edquidos no Caurel, cunha equivalencia de medio litro aprox.)<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: bate-los ovos, co azucre, engadilo leite e verte-lo todo nun molde caramelizado con azucre \u201ctorrado\u201d. Cocelo a ba\u00f1o mar\u00eda; coma nos casos anteriores non hab\u00eda un tempo exacto de cocci\u00f3n tampouco hab\u00eda reloxos, e polo tanto hab\u00eda que picalo coa agulla para comproba-lo estado da cocci\u00f3n. Esta era longa e con frecuencia po\u00f1\u00edase a cocer nos caldeiros , onde se coc\u00eda a comida dos porcos, coidando de que non entrase nada de auga no flan.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>ROSQUILLAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Penso que debeu haber moitas receitas, a m\u00e1is enxebre e antiga, creo que foi a seguinte:<\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes para a masa: 12 ovos, 1 taza pequena de azucre, fari\u00f1a suficiente para que a masa non se pegue \u00e1s mans, 10 cuartillo de leite, sementes de fiuncho.<\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes para a crema: cocer unha taci\u00f1a de auga con moito azucre ata que se po\u00f1a espesa e reservar.<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: Botar o leite a quentar coas sementes de fiuncho, cando estea ben quente, retira-las sementes e logo de amasar t\u00f3dolos ingredientes estend\u00edanse cun rolo ou unha botella de cristal, cort\u00e1banse coa boca dun vaso e fac\u00edaselles un burato no centro cun dedal, po\u00f1\u00edanse a cocer nunha tarteira e cando estaban cocidas vert\u00edaselles a crema descrita, movendo a tarteira ata que quedasen enfouzadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>ARROZ BRANCO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Non sei se era considerado un postre ou unha comida, supo\u00f1o que ambas.<\/p>\n\n\n\n<p>Trat\u00e1base dunha cantidade de arroz dependendo dos comensais, cocido con manteiga de vaca, azucre e leite (no canto de auga).<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>MO\u00d1UELOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Coma no caso anterior, e tam\u00e9n no caso das torradas, Feix\u00f3s e Filloas unhas veces eran consideradas postres e outras primeiro ou segundo prato.<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: bater leite con fari\u00f1a e ovos, ata conseguir unha pasta cremosa que logo coa axuda dunha culler \u00edase botando na tixola, cando estaba frita por un lado d\u00e1baselle a volta a vez que se apertaban un pouco co garfo para que se fritira por dentro. Logo de sacados a un prato ou fonte, saler\u00edanse con azucre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>TORRADAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Estas eran rebandas de pan rebozadas en ovo, fritas na tixola e salferidas con azucre. Tam\u00e9n algunha persoa bot\u00e1balle azucre \u00f3 rebozado ademais de ovo, fari\u00f1a e leite.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>FILLOAS DE SANGRE<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: sangue, auga, sal, (leite, as veces) azucre ou mel<\/p>\n\n\n\n<p>Comezar dicindo que para recolle-lo sangue do porco, hab\u00eda que batelo cun \u201ccasco\u201d de cebola para evitar que se callase, logo co\u00e1base cun facho de pallas, bot\u00e1baselle o sal e deix\u00e1baselle nunha pucheira de barro ata 15 d\u00edas nalg\u00fans casos.<\/p>\n\n\n\n<p>A preparaci\u00f3n era ben sinxela, coller un pouco sangue, batela con auga e fari\u00f1a, fritila na tixola e d\u00e1ndolle a volta sobre a tixola ou no caso de querer adiantar tempo enriba do ferro da coci\u00f1a, o que permit\u00eda botar outra na tixola mentres. Ti\u00f1an que ser ben delgadi\u00f1as e cando se sacaban \u00edanse po\u00f1endo unhas enriba doutras nun prato salferindo con azucre ou mel.<\/p>\n\n\n\n<p>Com\u00edanse quentes ou fr\u00edas de unha en unha e enroscadas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>FEIX\u00d3S<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Difer\u00e9ncianse unicamente nos ingredientes posto que a preparaci\u00f3n \u00e9 a mesma que no caso da filloa.<\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: leite de \u201ccostros\u201d (a leite que daban \u00e1s vacas, o primeiro e segundo d\u00edas despois da paridura, era un leite moi espeso e amarelo) batido con fari\u00f1a e algo de azucre, que tam\u00e9n se lle po\u00f1\u00eda salferindo por enriba unha vez fritas.<\/p>\n\n\n\n<p>Coma no caso das filloas, os feix\u00f3s deb\u00edan facerse con boa le\u00f1a que mantivese unha calor constante e uniforme para que non sa\u00edsen queimadas. Dicir tam\u00e9n que saen mellor nas coci\u00f1as de le\u00f1a que nas de butano ou el\u00e9ctricas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>MORCILLAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: arroz (un quilo por porco) \u00bd quilo de azucre, cabaza, ou sopas de trigo, remolacha, casta\u00f1as e hoxe en d\u00eda o mais frecuente son as feitas con maz\u00e1s, pemento doce, cebola, allo,ourego e sal.<\/p>\n\n\n\n<p>A cantidade referida era para un porco (\u201ccocho\u201d no Caurel) que segundo un dito popular daba unha ducia \u201cni me lo cuentes ni me lo digas cada cocho doce morcillas\u201d a\u00ednda que, penso que daba algunhas m\u00e1is.<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: fac\u00edanse coas tripas grosas do porco, logo de lavadas, revoltas, cortadas e atadas por un lado. Reserv\u00e1banse nun recipiente con auga, dende o d\u00eda da matanza ata o d\u00eda das morcillas pod\u00edan pasar 5 d\u00edas ou m\u00e1is. As tripas deb\u00edan ser \u201crefrescadas\u201d (lavadas) cada d\u00eda, para que non ulisen mal.<\/p>\n\n\n\n<p>O d\u00eda das morcillas, xa ben cedo hab\u00eda que coce-lo \u201cemboado\u201d que era a mestura dos ingredientes descritos, pero estes sufriron modificaci\u00f3ns dun pobo a outro e dunha \u00e9poca a outra, incluso dentro dun mesmo pobo fac\u00edanse de xeito diferente, hab\u00eda quen lles po\u00f1\u00eda cabaza, outros casta\u00f1as \u2026 Cando non hab\u00eda outra cousa remolacha, hoxe maz\u00e1s, as morcillas admit\u00edan moitas variantes na s\u00faa receita, hab\u00eda quen as endulzaba con azucre outros con mel \u2026<\/p>\n\n\n\n<p>Logo de cocido o amoado deix\u00e1base a arrefriar, para despois enche-las tripas grosas dos porcos, antigamente iso fac\u00edase a man coa axuda dun embude se o amoado estaba moi solto, ou cunha culler se era moi xunto, hoxe en d\u00eda cunha m\u00e1quina que hai uns anos era manual e hoxe el\u00e9ctrica. Logo de enchidas hab\u00eda que apertar ben o amoado para que non levase aire dentro e acedasen, atalas cun cordel de c\u00e1\u00f1amo, algod\u00f3n ou li\u00f1o despois atalas por parellas e colgalas no cainzo \u00f3 fume ata que secaran.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CHOURIZOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A diferencia das morcillas os chourizos non admit\u00edan variaci\u00f3ns nin na preparaci\u00f3n nin nos ingredientes, as \u00fanicas significativas eran que uns fac\u00edamos con pemento doce soamente e outros con alg\u00fan picante, tam\u00e9n algunha xente fac\u00eda os chourizos \u201cru\u00edns ou do lixeiro\u201d aparte dos bos e os outros como non aproveitaban esas carnes empregadas nos do ru\u00edn, pois fac\u00edanos todos xuntos.<\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: Carne de porco roxa \u201cfreba\u201d e branca \u201clardo\u201d, sal, auga, pemento doce e picante, allo e ourego (origanum vulgare ); para os do \u201cru\u00edn ou do lixeiro\u201d carnes de m\u00e1is mala calidade \u201cbarbadas\u201d (carnes do pescozo), piltrafas, coraz\u00f3ns, \u201clubiaus\u201d (pulm\u00f3ns) cos mesmos \u201cagrezos\u201d (especias) salvo que tam\u00e9n se lles po\u00f1\u00eda cebola e pirixel.<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: Pica-la carne, antigamente a man picando cunha \u201cmacheta\u201d enriba dun cepo de madeira e logo cun coitelo ata quedar as carnes ben picadi\u00f1as, logo vi\u00f1eron aquelas m\u00e1quinas manuais e m\u00e1is adiante as el\u00e9ctricas, que como dixen anteriormente tam\u00e9n serven para \u201cembutir\u201d (enche-las tripas). As carnes ben picadi\u00f1as, p\u00f3\u00f1ense nunha bac\u00eda que ata hai pouco eran de madeira, hoxe son case todas de materiais pl\u00e1sticos, ande rem\u00e9xense as carnes mesturadas cos \u201cagrezos\u201d pemento, ourego, allo, auga e sal dando lugar \u00e1 \u201czorza\u201d, ata hai uns anos estaba en adobo tres d\u00edas, agora t\u00e9\u00f1ena d\u00faas noites e un d\u00eda, coidando eso s\u00f3 de remexela ben t\u00f3dolos d\u00edas \u00a1e c\u00e1nto fr\u00edo se pasa para facer esto!, dado que nos atopamos no inverno cando se fan estas tarefas.<\/p>\n\n\n\n<p>Logo embut\u00edanse as tripas delgadas ench\u00e9ndoas de zorza e \u00e1tanse os chourizos, esto \u00e9 facer as separaci\u00f3ns entre cada un deles, neces\u00edtase para esto unha parella de persoas, unha fac\u00eda a labor de atado que esix\u00eda manexalo fr\u00edo con moita rapidez para face-los n\u00f3s o que lle ocasionaba erosi\u00f3ns e dores nos dedos; pola contra a que tasaba, que era a que marcaba os sitios onde se ti\u00f1a que atar, pasaba moito fr\u00edo o estar cas mans na zorza fr\u00eda.<\/p>\n\n\n\n<p>Hai quen ata chourizos ela sola coa axuda dunha \u201ccanilla\u201d (f\u00edo envolto arredor dun pau delgado) pero este xeito no Caurel non tivo moito \u00e9xito a\u00ednda que o resultado era \u00f3ptimo, hai quen alega que os chourizos as\u00ed atados perd\u00edan a graxa o ser cocidos.<\/p>\n\n\n\n<p>Xa para rematar colg\u00e1banse no ca\u00ednzo \u00f3 fume ata que secaban, igual que no caso das morcillas coidando de que non toquen uns a outros.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>O BOTELO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Os ingredientes eran as \u201ccostrelas\u201d dos porcos picadas empregando os mesmos agrezos que no caso dos chourizos. Deb\u00edan embutirse a man, posto que \u00e9 imposible facelo con m\u00e1quina, colocando os osos ben apertados e coidando de non pica-la tripa. Empreg\u00e1banse as tripas grosas cegas.<\/p>\n\n\n\n<p>O Botelo xunto co salchich\u00f3n penso que te\u00f1en agora m\u00e1is aceptaci\u00f3n da que tiveron en tempos.<\/p>\n\n\n\n<p>Dicir que t\u00f3dalas \u201ctarefas da matanza\u201d te\u00f1en un d\u00eda asignado: \u00f3 segundo d\u00eda de facer a matanza \u00e9 o d\u00eda \u201cda pica\u201d cando se pica a carne, e faise a zorza e tam\u00e9n se bota a carne no sal, \u00f3 segundo d\u00eda disto \u00e9 o dos chourizos e o seguinte o das morcillas. Isto claro est\u00e1 ten moitas variaci\u00f3ns, pois moita xente hai a pica o d\u00eda seguinte da matanza ou fai ese d\u00eda as morcillas. Nembargantes a orde descrita \u00e9 a mais aceptada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>O CALDO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Cando falamos do caldo, case sempre pensamos no de verzas, pero tam\u00e9n hab\u00eda e hai outros, a\u00ednda que o de verzas fose o m\u00e1is enxebre do Caurel.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CALDO DE VERZAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: xud\u00edas secas debulladas, verzas ou cogollos, patacas, unto e sal.<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: c\u00f3mpre po\u00f1e-las xud\u00edas a remollo, feito esto, po\u00f1elas a cocer con abundante auga xunto cas patacas picadas a cadri\u00f1os e co sal e unto, cando xa est\u00e1n amolecidas, botarlle as verzas picadas (cun coitelo no inverno e estorcidas ca man no ver\u00e1n) d\u00e9ixase cocer todo e se hai falta eng\u00e1deselle auga quente para contrarresta-la evaporaci\u00f3n, rectificase do sal e d\u00e9ixase dar un fervor.<\/p>\n\n\n\n<p>Este caldo p\u00f3dese consumir durante varios d\u00edas soamente hai que quentalo e o que sobre d\u00e9ixase no mesmo recipiente para o d\u00eda seguinte, salvo que acedase. En casos de moita necesidade po\u00f1\u00edalle un xerro de auga fr\u00eda deix\u00e1bano ferver e iso quit\u00e1balle o sabor acedo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CALDO DE FR\u00c9XELOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Igual que o anterior soamente que no canto de verza leva xud\u00edas verdes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CALDO BRANCO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Tam\u00e9n igual na preparaci\u00f3n e ingredientes que no caso do de verza, a diferencia est\u00e1 en que non leva as verzas e si, unha pouca cebola.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CALDO DE NABIZAS OU GRELOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Este leva grelos ou tam\u00e9n nabizas, prepar\u00e1base coma nos casos anteriores, coidando de po\u00f1erlle auga ben fr\u00eda para que perda o sabor amargo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CALDO DE CASTA\u00d1AS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Un dos m\u00e1is enxebres pratos do Caurel, no entanto; en ocasi\u00f3ns difamado e non entendo porque estaba asociado coa miseria e a pobreza. A\u00ednda hoxe nos nosos d\u00edas atopamos xente que para desprestixiar a outro di \u201c\u00a1Cala que a\u00ednda comes caldo de casta\u00f1as &#8230;!\u201d, na aldea de Meiraos hai alg\u00fan que di deste xeito, e iso acusa tanta groser\u00eda coma ignorancia. Poder\u00eda contar algunha an\u00e9cdota m\u00e1is relacionada con este prato, pero \u2026 quizais noutra ocasi\u00f3n.<\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: Casta\u00f1as secas, xud\u00edas secas, manteiga cocida (derretida) unto, sal e auga.<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: logo de remolladas as casta\u00f1as e ben limpas, coidando de quitarlles esas peles finas de cor marr\u00f3n, p\u00f3\u00f1ense a cocer xunto co resto dos ingredientes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>O QUEIXO DE SAQUETA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Para a s\u00faa elaboraci\u00f3n precisaba deixa-lo leite nun pote varios d\u00edas preto do lume ata que coll\u00eda \u201cagulla\u201d (acedo) para de seguido po\u00f1elo \u00f3 lume para que se \u201ccortase\u201d (esto \u00e9 cando se separa a materia branca do leite do soro), a continuaci\u00f3n hai que escurrilo e amasalo con sal e po\u00f1elo nunca tea cunha pedra grande enriba que fac\u00eda de prensa. O soro resultante serv\u00eda de alimento para os porcos e tam\u00e9n logo empregalo como calleiro noutros queixos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>QUEIXOS COCIDOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Po\u00f1e-lo leite fresco a cocer e para \u201ccortalo\u201d po\u00f1erlle callo, pingas de lim\u00f3n&#8230; En tempos empregouse para esto unha planta chamada aceda. Logo de cortado amasado e prensado po\u00f1\u00edase na fiestra \u00e1 xeada nas noites de inverno, lav\u00e1ndoo con auga salgada para que collese unha cortiza ben dura.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>A MANTEIGA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>O primeiro paso era recolle-la \u201ccabeza\u201d do leite (nata) xuntala nunha pucheira de barro, durante varios d\u00edas e logo \u201cmazalo\u201d este proceso realizado sempre por unha muller (no Caurel existiu unha clara separaci\u00f3n dos traballos os dos homes e os das mulleres) que sentada ca pucheira no regazo mov\u00eda a pucheira cara diante e cara atr\u00e1s durante moito tempo, ata que o leite fac\u00eda grumos, logo d\u00e1baselle ao redor \u00e1 pucheira para xunta-la manteiga. Esto era o mazado que tam\u00e9n pod\u00edase facer un sinxelo aparello, chamado \u201cmazarico\u201d composto dunha pequena roda de madeira na punta dun pau.<\/p>\n\n\n\n<p>Para evitar que o leite sa\u00edse fora da pucheira durante o mazado tap\u00e1baselle a boca cunha taza.<\/p>\n\n\n\n<p>Tras isto sac\u00e1base a manteiga coa axuda dunha espumadeira, lav\u00e1base para quitarlle os restos do leite e \u00edase pasando dunha man a outra ata formar unha barra de forma triangular que era a manteiga de vaca cr\u00faa que entraba na preparaci\u00f3n de moitas receitas e que se consum\u00eda sobre todo enriba dunha rebanda de pan salferida con azucre.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>EMPANADA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>A empanada ten moitos variantes na s\u00faa receita, practicamente admite todo o que lle po\u00f1an. Malia todo, eu farei referencia aqu\u00ed a m\u00e1is antiga que co\u00f1ec\u00edn.<\/p>\n\n\n\n<p>Ingredientes: chourizo, touci\u00f1o, cebola, masa de pan (pod\u00eda ser de trigo ou de centeo ou unha mestura de ambas).<\/p>\n\n\n\n<p>Preparaci\u00f3n: \u00e9 de sobras co\u00f1ecida por todos polo tanto non entro a describila, dicir soamente que as capas de masa de pan, eran moi grosas de dous a tres dedos de grosura, moi distinto, polo tanto \u00e1s que hoxe co\u00f1ecemos, tan delgadi\u00f1as.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>A TORTILLA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Ademais da tortilla de patacas fritas con ou sen cebola, tam\u00e9n hab\u00eda outras que de seguido describirei. Pero antes compre salientar que o aceite en tempos era un luxo escaso, polo tanto as frituras deb\u00edan facerse con graxa de touci\u00f1o derretido. A seguinte receita era unha consecuencia disto dado que aproveit\u00e1banse os restos de touci\u00f1o que xa fora derretido.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>TORTILLA DE TOUCI\u00d1O<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Po\u00f1\u00edanse na tixola uns anaqui\u00f1os de touci\u00f1o picado, \u00edanse apertando cun garfo para que soltasen a graxa, logo bat\u00edanse os ovos e bot\u00e1banse sobre os restos de touci\u00f1o, frit\u00edndose na graxa que eles mesmos soltaran antes.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>TORTILLA DE PATACAS ESMAGADAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Outra variante da tortilla de patacas fritas, era a seguinte: que aproveitaba as patacas cocidas \u201ccachelos\u201d que sobraran do d\u00eda anterior.<\/p>\n\n\n\n<p> Logo de postas na tixola con aceite ou graxa hab\u00eda que esmagalas cun garfo e logo botarlles os ovos batidos unha vez feita por un lado, darlle a volta para que se fixese polo outro.<\/p>\n\n\n\n<figure class=\"wp-block-image size-large\"><a href=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" width=\"1024\" height=\"911\" src=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-1024x911.png\" alt=\"\" class=\"wp-image-1360\" srcset=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-1024x911.png 1024w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-300x267.png 300w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-768x683.png 768w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-337x300.png 337w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png 1296w\" sizes=\"(max-width: 1024px) 100vw, 1024px\" \/><\/a><\/figure>\n\n\n\n<p><em>Unha tortilla de patacas esmagadas<\/em><\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>SOPAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\" type=\"A\">\n<li>DE BURRO CANSO<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>Non sei a orixe deste nome que a mais dun lle causou risa, pero en tempos tiveron moito \u00e9xito sobre todo nas merendas das tardes de ver\u00e1n e que alg\u00fan dos nosos maiores a\u00ednda prepara hoxe, \u00e1s escondidas, moitas veces.<\/p>\n\n\n\n<p>Trat\u00e1base de vi\u00f1o con azucre e uns anaqui\u00f1os de pan remollados no vi\u00f1o.<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\" type=\"A\" start=\"2\">\n<li>AFOGADAS<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>Son l\u00e1minas de pan delgadas, postas en auga fervendo, hab\u00eda quen lles po\u00f1\u00eda patacas cortadas en cadri\u00f1os e logo po\u00f1\u00edaselles un rustrido de graxa con allo.<\/p>\n\n\n\n<ol class=\"wp-block-list\" type=\"A\" start=\"3\">\n<li>NA TAZA<\/li>\n<\/ol>\n\n\n\n<p>Estas son l\u00e1minas de pan delgadas postas en cru nunca taza despois hab\u00eda que botarlles auga fervendo na mesma taza, graxa derretida e unha cullerada de azucre (cando hab\u00eda) e un ovo frito, todo isto por enriba das l\u00e1minas de pan<\/p>\n\n\n\n<p>D) DE LEITE Unha variante das anteriores s\u00f3 que no canto de botarlles auga levaban leite fervido<\/p>\n\n\n\n<p>E) DE ALLO Corta-las l\u00e1minas de pan e tiralas en auga fervendo deixalas ferver un pouco e botarlles un rustrido de aceite e allo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>VI\u00d1O QUENTE<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Era un vi\u00f1o fervido con azucre e unto, empregouse para combate-lo fr\u00edo e os arrefriados, ata hab\u00eda quen o tomaba para o f\u00edgado, algo que sempre me chamou a atenci\u00f3n \u00a1o vi\u00f1o para o f\u00edgado!, pero segundo algunha xente, o vi\u00f1o \u00f3 ferver perd\u00eda o alcohol e a calor aliviaba as doenzas da ves\u00edcula biliar.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>A QUEIMADA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Coma outras receitas esta tam\u00e9n foi evolucionando conforme \u00edan avanzando os tempos.<\/p>\n\n\n\n<p>A m\u00e1is antiga da que eu te\u00f1o co\u00f1ecemento contouma, Jos\u00e9 Losada Locay, era m\u00e1is ou menos de xeito seguinte:<\/p>\n\n\n\n<p>Unha boa cantidade de augardente que pod\u00eda ser 1 litro, 5, 10 &#8230; dependendo dos asistentes \u00bc de quilo de azucre para uns 5 litros de augardente, e cando hab\u00eda tam\u00e9n uns grans de caf\u00e9.<\/p>\n\n\n\n<p>A augardente po\u00f1\u00edase nun recipiente calquera, non ti\u00f1a que ser necesariamente de barro, engad\u00edase o azucre e sen mestura-lo coll\u00edase cunha culler unha pouca de augardente con azucre e po\u00f1\u00edaselle lume, e con ela prend\u00edan a mestura do recipiente e remex\u00edase mentres ard\u00eda, logo bot\u00e1banlle uns grans de caf\u00e9 enteiros, como dixen antes se os ti\u00f1as, se non fac\u00edase sen eles. Tampouco se fac\u00eda o conxuro eso comezou e facerse m\u00e1is adiante, coma tam\u00e9n lle engadiron outros ingredientes.<\/p>\n\n\n\n<p>A queimada fac\u00edase sobre todo no inverno cando apertaba o fr\u00edo, a neve e maila xeada.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>GARAVANZOS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Colleitos no Caurel dende tempo inmemorial, ata que hai uns anos houbo que deixar de sementalos por mor dos paxaros que estragan a colleita.<\/p>\n\n\n\n<p>Unha antiga receita que empregouse nas festas sobre todo eran os garavanzos con u\u00f1as de porco e pescozo de ovella.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>F\u00cdGADO CON PATACAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Era o prato com\u00fan para a cea do d\u00eda da matanza dos porcos, tam\u00e9n riles fritos con \u201ccachelos\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CALDO DE TRIPAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Coas tripas e ventrullos de porco ou ovella fac\u00edase en tempos un caldo que tam\u00e9n levaba fabas. Era tam\u00e9n moi frecuente come-las tripas grosas asadas nas brasas da lareira, logo de lavadas e cocidas.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>AS CASTA\u00d1AS ASADAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Os magostos estiveron dende sempre intimamente vencellados \u00e1 cultura e gastronom\u00eda do Caurel, a\u00ednda que nalg\u00fans pobos non hab\u00eda souto, como pode ser o caso de Teixeira, por exemplo, alg\u00fans veci\u00f1os ti\u00f1an sequeiros noutros pobos, que neste caso ademais da casa onde secan as casta\u00f1as ti\u00f1an tam\u00e9n un bo n\u00famero de casti\u00f1eiros.<\/p>\n\n\n\n<p>Polo tanto quen m\u00e1is e quen menos participou dos magostos populares que eran ademais unha forma de reuni\u00f3n social e festa.<\/p>\n\n\n\n<p>Ao redor do lume das lareiras ou tam\u00e9n nas fontes cubertas, nas airas os magostos reun\u00edan a moita xente dando lugar en ocasi\u00f3ns a todo tipo de conversas.<\/p>\n\n\n\n<p>As casta\u00f1as as\u00e1banse no \u201ctambor\u201d ou nunha \u201ccachela\u201d (\u00e1mbolos dous eran aparellos met\u00e1licos o primeiro con forma cil\u00edndrica cun eixo que xiraba sobre si mesmo e cunha porta pequena. A cachela (Tixolo) era de forma cadrada cunhas rendixas por onde entraba o lume, para remexe-las casta\u00f1as hab\u00eda que axitala coma se fose unha tixola. Compre salientar, que as casta\u00f1as que foran asadas fora da casa ti\u00f1an mellor sabor por iso as\u00e1banse nas fontes cubertas que ademais protex\u00edan da choiva e hab\u00eda auga para lavarse xa que, logo de come-las casta\u00f1as asadas, remataban todos coas mans e foci\u00f1os tinguidos de negro.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>CASTA\u00d1AS COCIDAS<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>As casta\u00f1as eran postas nunha pota con auga e sal, logo de ser \u201craxetadas\u201d (isto era un corte que se lles fac\u00eda na base da casta\u00f1a para pelalas facilmente unha vez cocidas) eran cocidas ata quedar brandi\u00f1as.<\/p>\n\n\n\n<p>As casta\u00f1as tanto asadas \u201cbull\u00f3s\u201d coma cocidas com\u00edanse acompa\u00f1adas de leite, neste \u00faltimo caso recib\u00edan o nome de \u201cbrugacio\u201d.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>A BOLA SOBADA<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Trat\u00e1base dunha bola de pan de centeo, que se deixaba moi dura a base de po\u00f1erlle moita fari\u00f1a ata que quedaba moi seca, logo fac\u00edanlle unhas marcas cunha paleta (este era o sobado) para evitar que medrase. Esta bola ti\u00f1a un gusto moi particular, a\u00ednda que hoxe en d\u00eda pouca xente lembra a bola sobada a pesares da moita aceptaci\u00f3n que tivo en tempos.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-center\"><strong>A BOLA DE MILLO<\/strong><\/p>\n\n\n\n<p>Nesta bisbarra o millo \u00e9 un dos principias cultivos ata que a finais do s\u00e9culo XX houbo que deixar de cultivalo por mor dos estragos que nel fac\u00eda o xabaril e outros animais salvaxes.<\/p>\n\n\n\n<p>O cultivo do millo era moi traballoso esix\u00eda moitas tarefas para o seu coidado unha vez na casa \u201cesfoll\u00e1banse\u201d as mazurcas deix\u00e1ndolles unhas cantas follas, polas que se agarraba e \u00edanse trenzando de tres en tres con palla h\u00famida facendo aqueles fermosos \u201ccabos\u201d de millo que penduraban nas solainas das casas ata que chov\u00eda por eles uns cantos d\u00edas, despois cando secaban, desra\u00f1\u00e1banse e o gran serv\u00eda para alimento do gando, e mo\u00eddo daba a fari\u00f1a de millo que serv\u00eda para a elaboraci\u00f3n da famosa bola de millo que describo deseguido:<\/p>\n\n\n\n<p>Deb\u00eda ser feita na lareira, para o que deb\u00eda ser varrida, as brasas e a cinza arredadas cara os lados no centro po\u00f1\u00edase a bola, que era unha masa feita coa fari\u00f1a de millo, auga e sal, por enriba tap\u00e1base cunha verza e unha lata, recubrindo todo de brasas, logo dun tempo prudencial, sac\u00e1base e po\u00f1\u00edase dereita a car\u00f3n do \u201ctresp\u00e9s\u201d (unha peza de ferro que se empregou nas lareiras para manter os potes e tixolas levantadas e as\u00ed poder facerlles o lume por debaixo). Consta de tres puntos de apoio de a\u00ed lle ven o nome) para que recibise a calor tam\u00e9n por o lado de abaixo e sa\u00edse ben cocida quedando dunha fermosa cor amarela.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\"><strong>Informante Xes\u00fas A. Parada Jato<\/strong><\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>O ROSC\u00d3N Ingredientes:1 ducia, 2 ducias ou 2\u00bd de ovos, en funci\u00f3n da cantidade de ovos as\u00ed levaba o resto dos ingredientes, tantas culleradas de azucre como de ovos, tantas de fari\u00f1a e tres m\u00e1is, 1 sobre de fermento en po (agora empr\u00e9gase, en tempos cando non hab\u00eda fac\u00edase sen el). Preparaci\u00f3n: casca-los ovos, separa-las [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":1360,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-1358","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v22.7 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>Receitas do Courel - Historias do Courel<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"Receitas do Courel - Historias do Courel\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"O ROSC\u00d3N Ingredientes:1 ducia, 2 ducias ou 2\u00bd de ovos, en funci\u00f3n da cantidade de ovos as\u00ed levaba o resto dos ingredientes, tantas culleradas de azucre como de ovos, tantas de fari\u00f1a e tres m\u00e1is, 1 sobre de fermento en po (agora empr\u00e9gase, en tempos cando non hab\u00eda fac\u00edase sen el). Preparaci\u00f3n: casca-los ovos, separa-las [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Historias do Courel\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2023-02-25T18:39:03+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2023-02-25T18:44:42+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-1024x911.png\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"1024\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"911\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/png\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"19 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358\",\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358\",\"name\":\"Receitas do Courel - Historias do Courel\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png\",\"datePublished\":\"2023-02-25T18:39:03+00:00\",\"dateModified\":\"2023-02-25T18:44:42+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#primaryimage\",\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png\",\"contentUrl\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png\",\"width\":1296,\"height\":1153},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"Receitas do Courel\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website\",\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/\",\"name\":\"Historias do Courel\",\"description\":\"Historia, lendas e contos do Courel, Caurel\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?author=1\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"Receitas do Courel - Historias do Courel","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"Receitas do Courel - Historias do Courel","og_description":"O ROSC\u00d3N Ingredientes:1 ducia, 2 ducias ou 2\u00bd de ovos, en funci\u00f3n da cantidade de ovos as\u00ed levaba o resto dos ingredientes, tantas culleradas de azucre como de ovos, tantas de fari\u00f1a e tres m\u00e1is, 1 sobre de fermento en po (agora empr\u00e9gase, en tempos cando non hab\u00eda fac\u00edase sen el). Preparaci\u00f3n: casca-los ovos, separa-las [&hellip;]","og_url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358","og_site_name":"Historias do Courel","article_published_time":"2023-02-25T18:39:03+00:00","article_modified_time":"2023-02-25T18:44:42+00:00","og_image":[{"width":1024,"height":911,"url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1-1024x911.png","type":"image\/png"}],"author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tiempo de lectura":"19 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358","url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358","name":"Receitas do Courel - Historias do Courel","isPartOf":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png","datePublished":"2023-02-25T18:39:03+00:00","dateModified":"2023-02-25T18:44:42+00:00","author":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#primaryimage","url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png","contentUrl":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2023\/02\/image-1.png","width":1296,"height":1153},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=1358#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"Receitas do Courel"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website","url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/","name":"Historias do Courel","description":"Historia, lendas e contos do Courel, Caurel","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?author=1"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1358"}],"collection":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=1358"}],"version-history":[{"count":2,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1358\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":1363,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/1358\/revisions\/1363"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/1360"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=1358"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=1358"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=1358"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}