{"id":713,"date":"2020-10-31T21:54:24","date_gmt":"2020-10-31T21:54:24","guid":{"rendered":"http:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713"},"modified":"2020-11-01T18:54:23","modified_gmt":"2020-11-01T18:54:23","slug":"o-caurel-aportou-guerrilleiros-para-combater-os-franceses-1808-1814","status":"publish","type":"post","link":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713","title":{"rendered":"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814)"},"content":{"rendered":"\n<figure class=\"wp-block-image size-large is-resized\"><img loading=\"lazy\" decoding=\"async\" src=\"http:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg\" alt=\"\" class=\"wp-image-714\" width=\"624\" height=\"393\" srcset=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg 480w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001-300x189.jpg 300w, https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001-477x300.jpg 477w\" sizes=\"(max-width: 624px) 100vw, 624px\" \/><figcaption>Oficio da Xunta Superior de Galicia \u00e1 comisi\u00f3n provincial de Lugo no que lles ordena que convoquen aos xefes das alarmas de Tor\u00e9s, Cebreiro, Courel, Cervantes e Bur\u00f3n para distribuirlles os mil fus\u00eds entregados polo coronel Douglas. Ano 1812<\/figcaption><\/figure>\n\n\n\n<p>Imaxe sacada dos Arquivos do Reino de Galicia <a href=\"http:\/\/arquivo.galiciana.gal\/arpadweb\/gl\/consulta\/registro.do?id=1506610\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">http:\/\/arquivo.galiciana.gal\/arpadweb\/gl\/consulta\/registro.do?id=1506610<\/a><\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Tr\u00e1tase dun oficio da Xunta Superior de Galicia \u00e1 Comisi\u00f3n Provincial de Lugo no que se lles ordena que convoquen aos xefes das alarmas de Tor\u00e9s, O Cebreiro, Cervantes,&nbsp;<strong>O Courel<\/strong> e Bur\u00f3n para distribuirlles mil fus\u00eds entregados polo coronel ingl\u00e9s Douglas. \u00ab<em>El caballero Sr Howard Douglas, con la generosidad que le es caracter\u00edstica de su naci\u00f3n, acaba de ofecer mil fusiles para repartir&nbsp;entre las alarmas de esa provincia y para con ello ha acordado la Junta General de Galicia se pase las \u00f3rdenes convenientes a fin de que los jefes de Tor\u00e9, Zebrero, Courel, Zerbantes y Bur\u00f3n se presenten inmediatamente en esta Plaza a recibir&nbsp;el n\u00famero que respectivamente les&nbsp;toque, atendida su fuerza y situaci\u00f3n topogr\u00e1fica<\/em>\u00ab.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">\u00c9 a \u00fanica referencia que atopamos sobre as guerrillas improvisadas, da monta\u00f1a que mermaron o exercito franc\u00e9s. E entre elas tam\u00e9n caurel\u00e1s. Buscando m\u00e1is sobre a guerra na monta\u00f1a atopamos informaci\u00f3n dunha paxina de Xabier Moure (<a href=\"http:\/\/arqueoloxiadosancares.blogspot.com\/2011\/01\/guerra-da-independencia-na-comarca-dos.html\" target=\"_blank\" rel=\"noreferrer noopener\">http:\/\/arqueoloxiadosancares.blogspot.com\/2011\/01\/guerra-da-independencia-na-comarca-dos.html<\/a>) :<\/p>\n\n\n\n<h3 class=\"wp-block-heading\">A Guerra da Independencia na comarca dos Ancares<\/h3>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Os sucesos m\u00e1is relevantes durante a Guerra da Independencia (1808-1814) na comarca dos Ancares produc\u00edronse nos primeiros meses do ano 1809. Non imos facer eiqu\u00ed unha&nbsp;Historia da invasi\u00f3n na&nbsp;comarca&nbsp;xa que polo de agora carecemos da informaci\u00f3n suficiente&nbsp;para elo, achegando s\u00f3 retallos&nbsp;fornecidos&nbsp;pola escasa documentaci\u00f3n&nbsp;e&nbsp;pola&nbsp;tradici\u00f3n e a lenda.&nbsp;&nbsp;&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">No mes de decembro de 1808, o mariscal franc\u00e9s Soult persegue dende Astorga ao ex\u00e9rcito aliado ingl\u00e9s do xeneral&nbsp;Moore e \u00e1 divisi\u00f3n espa\u00f1ola mandada polo marqu\u00e9s&nbsp;de&nbsp;la Romana. No Bierzo, De la Romana sep\u00e1rase, a retirada dos aliados semella unha fuxida en toda regra. Segundo achega Villaamil y Castro na&nbsp;<em>Cr\u00f3nica de la provincia de Lugo<\/em>, publicada na&nbsp;<em>Cr\u00f3nica General de Espa\u00f1a<\/em>&nbsp;(1886), o ingl\u00e9s Moore proseguiu a s\u00faa retirada cara Lugo, mais era tal a desorde, indisciplina e inmoralidade dos seus soldados que ordenou arroxar por un despe\u00f1adeiro das Nogais 120.000 pesos que levaba, preferindo isto a repartilos entre a&nbsp;s\u00faa tropa; tal era o caos que ata abandonaron as armas e os feridos.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter\"><a href=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-YrQand_-Gl4\/X1lX0haP_xI\/AAAAAAAAOY8\/DZbv4b1cvRAbJgt_yWVkiQGZhD0owbddACLcBGAsYHQ\/s1600\/Soult.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-YrQand_-Gl4\/X1lX0haP_xI\/AAAAAAAAOY8\/DZbv4b1cvRAbJgt_yWVkiQGZhD0owbddACLcBGAsYHQ\/s320\/Soult.jpg\" alt=\"\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Dende un primeiro momento, a ineficacia do ex\u00e9rcito regular (espa\u00f1ol e ingl\u00e9s)&nbsp;obrigou aos veci\u00f1os a&nbsp;organizarse&nbsp;para combater, practicamente desarmados, \u00e1s poderosas tropas napole\u00f3nicas que entraran&nbsp;en Galicia polo Porto de Pedrafita, asolando todo o que atopaban no seu avance.&nbsp;Cando a desbandada dos ingleses, os veci\u00f1os de Noceda&nbsp;e&nbsp;Doncos (As Nogais) e Becerre\u00e1 ofrec\u00e9ronse a Moore para combater ao inimigo.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Pardo de Neyra (1998) reproduce unha carta de Ambrosio de Eiras Ramallal&nbsp;publicada o 30 de agosto&nbsp;de&nbsp;1809 no peri\u00f3dico&nbsp;<em>Diario&nbsp;<\/em>que describe alg\u00fans acontecementos&nbsp;dos primeiros meses da guerra.&nbsp;Os franceses&nbsp;tiveron que&nbsp;fuxir de&nbsp;Baralla cando os&nbsp;sorprenderon&nbsp;os veci\u00f1os, abandonando provisi\u00f3ns e munici\u00f3n. Escribiu Antonio&nbsp;Correa que unha partida&nbsp;foi abatida no lugar da Pena (Baralla); aos mortos enterr\u00e1ronnos nunha gruta no&nbsp;monte que dende aquela recibe&nbsp;o nome de Furada dos&nbsp;Franceses, episodio que&nbsp;narra Gerardo Fern\u00e1ndez L\u00f3pez&nbsp;que asegura foi sacado do&nbsp;<em>Libro Probisional de F\u00e1brica da igrexa de Baralla<\/em>, redactado por Andr\u00e9s Rivas Pardo, cura vigairo na vacante da parroquia.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">O d\u00eda&nbsp;5 de xaneiro do mesmo ano, unha avanzada do ex\u00e9rcito franc\u00e9s foi obrigada a recuar polos dous can\u00f3ns que os aliados ingleses situaran xunto a&nbsp;Ponte de Senra; os franceses retir\u00e1ronse, ent\u00f3n, cara Baralla onde, c\u00f3ntase, fixeron tres fogueiras no interior da igrexa queimando todo o que de madeira hab\u00eda. Escribe Benito Vicetto na s\u00faa&nbsp;<em>Historia de Galicia<\/em>&nbsp;(1865-1874) que a principios de 1809 xunt\u00e1ronse uns 5.000 veci\u00f1os para atacar a cantas columnas&nbsp;francesas pasaran pola zona, interceptando postas, correos e toda clase de noticias, por ben escoltadas que fosen, e para evitar isto os&nbsp;franceses tiveron que po\u00f1er un forte destacamento en Sobrado do Picato que&nbsp;axi\u00f1a foi atacado polos guerrilleiros galegos, arroxando aos soldados ao r\u00edo Neira.&nbsp;O 25 de&nbsp;febreiro&nbsp;os veci\u00f1os apost\u00e1ronse en&nbsp;Constant\u00edn (Baralla), \u00e1 beira do Cami\u00f1o Real, ocasionando ao ex\u00e9rcito napole\u00f3nico, comandado por Fournier, irm\u00e1n do gobernador que ti\u00f1an en Lugo,&nbsp;moitas baixas, entre elas o&nbsp;mesmo comandante que dirix\u00eda o destacamento inimigo. O gobernador, en vinganza, di a carta citada por Pardo de Neyra,&nbsp;queima&nbsp;Campo de Arbol, Prados,&nbsp;Cruzul, Doncos (eiqu\u00ed queimaron&nbsp;o&nbsp;pazo de Doncos, un edificio neocl\u00e1sico de mediados do s\u00e9culo XIX) e Pedrafita, asasinando enfermos e anci\u00e1ns.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter\"><a href=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-tuBN46VKoa4\/X1lYAVoCXxI\/AAAAAAAAOZA\/tz8l6PYx2XQw089Y_NUtGmPmd4nKtpvEACLcBGAsYHQ\/s1600\/Pazo%2Bde%2BDoncos.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-tuBN46VKoa4\/X1lYAVoCXxI\/AAAAAAAAOZA\/tz8l6PYx2XQw089Y_NUtGmPmd4nKtpvEACLcBGAsYHQ\/s280\/Pazo%2Bde%2BDoncos.jpg\" alt=\"\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">En Constant\u00edn, cando se dirix\u00edan cara o Bierzo, fixo noite o valeroso Batall\u00f3n Literario&nbsp;formado por estudantes da Universidade de Santiago, sendo o grupo m\u00e1is famoso que actuou durante a Guerra da Independencia, comandado por un militar con experiencia, Xo\u00e1n Ignacio de Armada Caama\u00f1o Ib\u00e1\u00f1ez de Mondrag\u00f3n&nbsp;e Salgado de Soutomaior, marqu\u00e9s de Santa Cruz de Ribadulla. Na biblioteca da Universidade&nbsp;cons\u00e9rvase a s\u00faa bandeira, coas cores&nbsp;azul e branca da bandeira de Galicia, e dous escudos, o do antigo Reino de Galicia e o&nbsp;da Universidade cubertos por unha coroa real e a inscrici\u00f3n:&nbsp;<em>Auspice Deo: pro libertati regis palladis legio: anno MDCCCVIII<\/em>. Na Praza da Quintana compostel\u00e1 hai unha praca lembrando a s\u00faa xesta. O 4 de maio de 1896 foi colocada unha coroa na s\u00faa honra nun muro do mosteiro de San Paio de Antealtares, en Santiago.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">O 16&nbsp;de xaneiro, d\u00eda en que o mariscal franc\u00e9s Soult venc\u00eda aos ingleses de Moore na batalla de Elvi\u00f1a (A Coru\u00f1a), os veci\u00f1os de Neira de&nbsp;Xus\u00e1 (Baralla) e das Nogais&nbsp; embosc\u00e1ronse nos desfiladeiros de Augas&nbsp;Rubias&nbsp;e Bra\u00f1as da Serra, atacando aos franceses e inflinx\u00edndolles grandes perdas. Os galegos, animados polos \u00e9xitos, atacaron o d\u00eda 28 de xaneiro a unha partida&nbsp;francesa que descubriran na serra da Albela conducindo prisioeiros ingleses; os cautivos foron liberados e os franceses, que sufriron catro baixas, postos en fuga. Ese mesmo d\u00eda, outro&nbsp;grupo de veci\u00f1os puxo en desbandada en Vilarpunteiro a un pelot\u00f3n napole\u00f3nico que se dirix\u00eda a saquear Lexo, no municipio de Baralla, apoder\u00e1ndose de dous cabalos e do rancho.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">A finais de febreiro de&nbsp;1809, estando en Doncos unha columna de&nbsp;430 franceses que escoltaban dende Castela 16.000 pares de zapatos para as s\u00faas tropas, foron perseguidos polos&nbsp;galegos&nbsp;ata Baralla, apoder\u00e1ndose de 7.000 pares.&nbsp;No concello de Cervantes, as tropas napole\u00f3nicas, chegadas polo Cami\u00f1o Real ou dos Romanos dende Veiga de Valcarce (O Bierzo), foron atacadas en varias ocasi\u00f3ns polas alarmas populares; a dif\u00edcil orograf\u00eda do terreo permit\u00edalles facer emboscadas.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter\"><a href=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-0NOEFXbLztY\/X1lcIYCzQAI\/AAAAAAAAOaQ\/eEE5g5N_sL4BL04TSrmenLfe7XfvffDegCLcBGAsYHQ\/s1600\/Cami%25C3%25B1o%2Bdos%2BRomanos.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-0NOEFXbLztY\/X1lcIYCzQAI\/AAAAAAAAOaQ\/eEE5g5N_sL4BL04TSrmenLfe7XfvffDegCLcBGAsYHQ\/s280\/Cami%25C3%25B1o%2Bdos%2BRomanos.jpg\" alt=\"\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"jusificar\">Na Pena da Seara, unha pequena aldea da parroquia do Cebreiro, queda unha deshabitada casa de fidalgos que foi queimada polos franceses a mediados de 1809, ardendo tam\u00e9n os libros&nbsp;sagrados de actas sacramentais da igrexa do Cebreiro, onde foran levados&nbsp;para que as tropas napole\u00f3nicas non os destru\u00edran. Deste suceso&nbsp;escribiu un frade do Cebreiro: \u00ab<em>Certifico yo el infraescrito cura de Sta. Mar\u00eda la R<\/em><em>l. del Cebrero como en el d\u00eda ventiseis de junio de este presente a\u00f1o de mil ochocientos nue<\/em><em>ve se quemaron po<\/em><em>r los franceses en el lugar de Pe\u00f1a Seara y casa de Dn. Santiago G\u00f3mez, todos los libros antiguos de Bautizados, Casados y Difuntos de esta parroquia<\/em><em>, a cuya casa se hab\u00edan estrahido con los dem\u00e1s Libros que yo ten\u00eda cerrado en do<\/em><em>s baules, a fin de librarlo de las manos de estos enemigos de la Religi\u00f3n y genero humano por que no los derrotase, o quemaren, pero hubo desgracia de que vaxaron a que<\/em><em>mar aquella casa y juntamente, baules y Libros, sen dar lugar a&nbsp; lib<\/em><em>rarlos por temor de perder la vida. Puedo certificar como no faltaba por poner, por haber estado doce a\u00f1os en este Priorato, y haber registrado con atenci\u00f3n los&nbsp;<\/em><em>referidos libros, y para que conste en los sucesibo doy el presente certificado que firmo en el expresado<\/em><em>&nbsp;priorato del Cebrero a veinte<\/em><em>&nbsp;y nueve de junio de dicho a\u00f1o<\/em>\u00ab.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Na loita contra os franceses destacaron o veci\u00f1o da Ag\u00fceira (Becerre\u00e1), Manuel Mar\u00eda N\u00fa\u00f1ez, que o marqu\u00e9s&nbsp;De la Romana confiou o mando dos guerrilleiros, e Ram\u00f3n de Nadela.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">No ano 2008, Jos\u00e9 Luis Garfer deu a co\u00f1ecer un manuscrito in\u00e9dito&nbsp;que localizou cando anos&nbsp;antes&nbsp;estaba a percorrer Galicia na procura de adivi\u00f1anzas tradicionais para&nbsp;o&nbsp;seu libro&nbsp;<em>O adivi\u00f1anceiro popular galego<\/em>&nbsp;(2000).&nbsp;Descubriu que unha das persoas consultadas, Fernando Gabriel Fern\u00e1ndez, de Vilar de Ous\u00f3n (Becerre\u00e1), conservaba, entre outros documentos hist\u00f3ricos, un que se pode considerar como excepcional. Tr\u00e1tase dun manuscrito que ao longo de 126 p\u00e1xinas recolle a traves\u00eda&nbsp;dun rexemento napole\u00f3nico enviado a Espa\u00f1a entre o 6 de febreiro de 1807 e o 6 de maio de 1808. O seu autor \u00e9 o xeneral franc\u00e9s Gerard que ofrece o retrato do&nbsp;conflito b\u00e9lico en diferentes localidades, inclu\u00edndo arengas, resoluci\u00f3ns, consignas, consellos de guerra e notas oficais sobre as diferentes campa\u00f1as do ex\u00e9rcito que transportaba armas a un contixente destacado en Astorga (Le\u00f3n).&nbsp;Gerard tivo que instalarse temporalmente&nbsp;en Vilar de Ous\u00f3n debido \u00e1 neve. Desta casa era Gabriel Fern\u00e1ndez, m\u00e1is co\u00f1ecido como&nbsp;<em>O terror dos&nbsp;<\/em><em>gabachos<\/em>. A casa a\u00ednda se conserva, se ben xa non existe&nbsp;o espazo subterr\u00e1neo que utilizaba a familia para agochar a carne&nbsp;aos franceses, e m\u00e1is tarde aos carlistas; para disimular o escondedoiro despositaban&nbsp;le\u00f1a por riba da trapela. Non moi lonxe do castro de Vilar de Ous\u00f3n&nbsp;at\u00f3pase a Cova dos Mouros; aseg\u00farase que foi utilizada polos guerrilleiros que loitaban contra os franceses.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter\"><a href=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-jkVfv4q9Kms\/X1lYniaffbI\/AAAAAAAAOZU\/9sDR4STsNdYw6lBf3Nr_-T5Dbb8LKZHsQCLcBGAsYHQ\/s1600\/Cova%2Bdos%2BMouros.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-jkVfv4q9Kms\/X1lYniaffbI\/AAAAAAAAOZU\/9sDR4STsNdYw6lBf3Nr_-T5Dbb8LKZHsQCLcBGAsYHQ\/s280\/Cova%2Bdos%2BMouros.jpg\" alt=\"\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Na loita contra os franceses, guerrilleiros&nbsp;da comarca, nun n\u00famero duns 4.000, apoder\u00e1ronse de gran cantidade de armas, ata o punto, aseg\u00farase, que os desaugues dos fregadoiros de boa parte das casas de Becerre\u00e1 constru\u00edronse con anacos de fusil franc\u00e9s. Segundo a tradici\u00f3n os fus\u00eds proceden da&nbsp;ponte de Cruzul, constru\u00edda cando o Cami\u00f1o Real no \u00faltimo terzo do s\u00e9culo XVIII, onde os napole\u00f3nicos os ti\u00f1an agochados. Tam\u00e9n se di que a ponte foi voada para empecer o paso das tropas inimigas, pero non existen probas nin&nbsp;escritas&nbsp;nin arqueol\u00f3xicas que o certifiquen.&nbsp;&nbsp;Na aldea de Cruzul cons\u00e9rvase unha espadana de dous vans \u00e1 que se accede por medio dunha escaleira de pedra; data, posiblemente, do s\u00e9culo XVIII. O motivo que levou aos veci\u00f1os a erguela na aldea debeuse a que a \u00fanica camp\u00e1 da igrexa parroquial, afastada do n\u00facleo de poboaci\u00f3n, non se escoitaba polo que, en caso de calquera continxencia&nbsp;(unha morte, un incendio, etc.), toda a veci\u00f1anza pod\u00eda enterarse. C\u00f3ntase que cando a invasi\u00f3n francesa&nbsp;as s\u00faas camp\u00e1s alertaron da chegada dos soldados \u00e1 ponte de Cruzul.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter\"><a href=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-6X2VbLr5CHA\/X1lYwK2nYVI\/AAAAAAAAOZc\/WWNOkBG24VoPtadcNngSqP2hIpwmNOF1QCLcBGAsYHQ\/s1600\/Ponte%2Bde%2BCruzul.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-6X2VbLr5CHA\/X1lYwK2nYVI\/AAAAAAAAOZc\/WWNOkBG24VoPtadcNngSqP2hIpwmNOF1QCLcBGAsYHQ\/s280\/Ponte%2Bde%2BCruzul.jpg\" alt=\"\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p><\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Na parroquia de&nbsp;A Alence (As Nogais) est\u00e1 a&nbsp;Cova do Pando&nbsp;onde,&nbsp;disque, eran arroxados os soldados do ex\u00e9rcito napole\u00f3nico. C\u00f3ntase que s\u00f3 un soldado conseguiu escapar con vida, met\u00e9ndose por un sumidoiro que d\u00e1&nbsp;ao regueiro&nbsp;da Fontela. Unha moza, que estaba a gardar o gando, cando o viu acudiu no seu auxilio, lev\u00e1ndoo ata a aldea de&nbsp;Forcas onde os veci\u00f1os lle curaron as feridas. Mais o seu sino vi\u00f1a marcado, ao d\u00eda seguinte partiu cara o Hospital da Condesa, en Pedrafita do Cebreiro, onde foi apreixado e logo decapitado.<\/p>\n\n\n\n<div class=\"wp-block-image\"><figure class=\"aligncenter\"><a href=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-Tummwm1Pf5w\/X1lZKHwWM3I\/AAAAAAAAOZ0\/JJGxE5kcAv02GgoI0IsKAv7yA2ESXJEBQCLcBGAsYHQ\/s1600\/Cova%2BPando.jpg\"><img decoding=\"async\" src=\"https:\/\/1.bp.blogspot.com\/-Tummwm1Pf5w\/X1lZKHwWM3I\/AAAAAAAAOZ0\/JJGxE5kcAv02GgoI0IsKAv7yA2ESXJEBQCLcBGAsYHQ\/s280\/Cova%2BPando.jpg\" alt=\"\"\/><\/a><\/figure><\/div>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Durante a&nbsp;guerra,&nbsp;un soldado franc\u00e9s achegouse un d\u00eda \u00e1 co\u00f1ecida como Casa da Corredoira, na aldea de Guilfrei (Becerre\u00e1), para que lle deran un vaso de auga para calmar a sede. Cando o home estaba a beber, o dono da casa colleu un rolo e golpeouno na cabeza, caus\u00e1ndolle a morte. Dende aquelas, os habitantes da casa&nbsp;cando saen ao campo para traballar te\u00f1en que levar&nbsp;canda eles auga para beber debido \u00e1 sede que lles entra. Tam\u00e9n se di que cando un dos moradores vai morrer, pouco antes sempre pide auga.&nbsp;<\/p>\n\n\n\n<p class=\"justificar\">Entre os anos 1960 e 1980&nbsp;estivo aberto na vila de Becerre\u00e1 o bar&nbsp;<em>Chafarotes&nbsp;<\/em>que tomou o nome polos anchos sabres utilizados polos soldados e que serviron para adornar as paredes do local. Nunhas fotos dos anos setenta do pasado s\u00e9culo, durante o entroido, vense uns veci\u00f1os e unhas veci\u00f1as de Becerre\u00e1&nbsp;con disfraces da \u00e9poca da Guerra da Independencia&nbsp;e&nbsp;algunhas armas utilizadas durante a contenda.<\/p>\n\n\n\n<p class=\"has-text-align-right\">FONTE: \u00d3scar Carrete<\/p>\n","protected":false},"excerpt":{"rendered":"<p>Imaxe sacada dos Arquivos do Reino de Galicia http:\/\/arquivo.galiciana.gal\/arpadweb\/gl\/consulta\/registro.do?id=1506610 Tr\u00e1tase dun oficio da Xunta Superior de Galicia \u00e1 Comisi\u00f3n Provincial de Lugo no que se lles ordena que convoquen aos xefes das alarmas de Tor\u00e9s, O Cebreiro, Cervantes,&nbsp;O Courel e Bur\u00f3n para distribuirlles mil fus\u00eds entregados polo coronel ingl\u00e9s Douglas. \u00abEl caballero Sr Howard Douglas, [&hellip;]<\/p>\n","protected":false},"author":1,"featured_media":714,"comment_status":"closed","ping_status":"open","sticky":false,"template":"","format":"standard","meta":{"_monsterinsights_skip_tracking":false,"_monsterinsights_sitenote_active":false,"_monsterinsights_sitenote_note":"","_monsterinsights_sitenote_category":0,"footnotes":""},"categories":[1],"tags":[],"class_list":["post-713","post","type-post","status-publish","format-standard","has-post-thumbnail","hentry","category-uncategorized"],"yoast_head":"<!-- This site is optimized with the Yoast SEO plugin v22.7 - https:\/\/yoast.com\/wordpress\/plugins\/seo\/ -->\n<title>O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814) - Historias do Courel<\/title>\n<meta name=\"robots\" content=\"index, follow, max-snippet:-1, max-image-preview:large, max-video-preview:-1\" \/>\n<link rel=\"canonical\" href=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713\" \/>\n<meta property=\"og:locale\" content=\"es_ES\" \/>\n<meta property=\"og:type\" content=\"article\" \/>\n<meta property=\"og:title\" content=\"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814) - Historias do Courel\" \/>\n<meta property=\"og:description\" content=\"Imaxe sacada dos Arquivos do Reino de Galicia http:\/\/arquivo.galiciana.gal\/arpadweb\/gl\/consulta\/registro.do?id=1506610 Tr\u00e1tase dun oficio da Xunta Superior de Galicia \u00e1 Comisi\u00f3n Provincial de Lugo no que se lles ordena que convoquen aos xefes das alarmas de Tor\u00e9s, O Cebreiro, Cervantes,&nbsp;O Courel e Bur\u00f3n para distribuirlles mil fus\u00eds entregados polo coronel ingl\u00e9s Douglas. \u00abEl caballero Sr Howard Douglas, [&hellip;]\" \/>\n<meta property=\"og:url\" content=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713\" \/>\n<meta property=\"og:site_name\" content=\"Historias do Courel\" \/>\n<meta property=\"article:published_time\" content=\"2020-10-31T21:54:24+00:00\" \/>\n<meta property=\"article:modified_time\" content=\"2020-11-01T18:54:23+00:00\" \/>\n<meta property=\"og:image\" content=\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:width\" content=\"480\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:height\" content=\"302\" \/>\n\t<meta property=\"og:image:type\" content=\"image\/jpeg\" \/>\n<meta name=\"author\" content=\"admin\" \/>\n<meta name=\"twitter:card\" content=\"summary_large_image\" \/>\n<meta name=\"twitter:label1\" content=\"Escrito por\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data1\" content=\"admin\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:label2\" content=\"Tiempo de lectura\" \/>\n\t<meta name=\"twitter:data2\" content=\"12 minutos\" \/>\n<script type=\"application\/ld+json\" class=\"yoast-schema-graph\">{\"@context\":\"https:\/\/schema.org\",\"@graph\":[{\"@type\":\"WebPage\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713\",\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713\",\"name\":\"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814) - Historias do Courel\",\"isPartOf\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website\"},\"primaryImageOfPage\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#primaryimage\"},\"image\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#primaryimage\"},\"thumbnailUrl\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg\",\"datePublished\":\"2020-10-31T21:54:24+00:00\",\"dateModified\":\"2020-11-01T18:54:23+00:00\",\"author\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125\"},\"breadcrumb\":{\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#breadcrumb\"},\"inLanguage\":\"es\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"ReadAction\",\"target\":[\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713\"]}]},{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#primaryimage\",\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg\",\"contentUrl\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg\",\"width\":480,\"height\":302},{\"@type\":\"BreadcrumbList\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#breadcrumb\",\"itemListElement\":[{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":1,\"name\":\"Portada\",\"item\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/\"},{\"@type\":\"ListItem\",\"position\":2,\"name\":\"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814)\"}]},{\"@type\":\"WebSite\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website\",\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/\",\"name\":\"Historias do Courel\",\"description\":\"Historia, lendas e contos do Courel, Caurel\",\"potentialAction\":[{\"@type\":\"SearchAction\",\"target\":{\"@type\":\"EntryPoint\",\"urlTemplate\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?s={search_term_string}\"},\"query-input\":\"required name=search_term_string\"}],\"inLanguage\":\"es\"},{\"@type\":\"Person\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125\",\"name\":\"admin\",\"image\":{\"@type\":\"ImageObject\",\"inLanguage\":\"es\",\"@id\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/image\/\",\"url\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g\",\"contentUrl\":\"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g\",\"caption\":\"admin\"},\"url\":\"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?author=1\"}]}<\/script>\n<!-- \/ Yoast SEO plugin. -->","yoast_head_json":{"title":"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814) - Historias do Courel","robots":{"index":"index","follow":"follow","max-snippet":"max-snippet:-1","max-image-preview":"max-image-preview:large","max-video-preview":"max-video-preview:-1"},"canonical":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713","og_locale":"es_ES","og_type":"article","og_title":"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814) - Historias do Courel","og_description":"Imaxe sacada dos Arquivos do Reino de Galicia http:\/\/arquivo.galiciana.gal\/arpadweb\/gl\/consulta\/registro.do?id=1506610 Tr\u00e1tase dun oficio da Xunta Superior de Galicia \u00e1 Comisi\u00f3n Provincial de Lugo no que se lles ordena que convoquen aos xefes das alarmas de Tor\u00e9s, O Cebreiro, Cervantes,&nbsp;O Courel e Bur\u00f3n para distribuirlles mil fus\u00eds entregados polo coronel ingl\u00e9s Douglas. \u00abEl caballero Sr Howard Douglas, [&hellip;]","og_url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713","og_site_name":"Historias do Courel","article_published_time":"2020-10-31T21:54:24+00:00","article_modified_time":"2020-11-01T18:54:23+00:00","og_image":[{"width":480,"height":302,"url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg","type":"image\/jpeg"}],"author":"admin","twitter_card":"summary_large_image","twitter_misc":{"Escrito por":"admin","Tiempo de lectura":"12 minutos"},"schema":{"@context":"https:\/\/schema.org","@graph":[{"@type":"WebPage","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713","url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713","name":"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814) - Historias do Courel","isPartOf":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website"},"primaryImageOfPage":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#primaryimage"},"image":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#primaryimage"},"thumbnailUrl":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg","datePublished":"2020-10-31T21:54:24+00:00","dateModified":"2020-11-01T18:54:23+00:00","author":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125"},"breadcrumb":{"@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#breadcrumb"},"inLanguage":"es","potentialAction":[{"@type":"ReadAction","target":["https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713"]}]},{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#primaryimage","url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg","contentUrl":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/wp-content\/uploads\/2020\/10\/xsadg_39991_047_001.jpg","width":480,"height":302},{"@type":"BreadcrumbList","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?p=713#breadcrumb","itemListElement":[{"@type":"ListItem","position":1,"name":"Portada","item":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/"},{"@type":"ListItem","position":2,"name":"O CAUREL APORTOU GUERRILLEIROS PARA COMBATER \u00d3S FRANCESES- (1808-1814)"}]},{"@type":"WebSite","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#website","url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/","name":"Historias do Courel","description":"Historia, lendas e contos do Courel, Caurel","potentialAction":[{"@type":"SearchAction","target":{"@type":"EntryPoint","urlTemplate":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?s={search_term_string}"},"query-input":"required name=search_term_string"}],"inLanguage":"es"},{"@type":"Person","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/34e63982a706adbbc9463d8729a84125","name":"admin","image":{"@type":"ImageObject","inLanguage":"es","@id":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/#\/schema\/person\/image\/","url":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g","contentUrl":"https:\/\/secure.gravatar.com\/avatar\/bd3d304e06baf264e4b5af5711d66cf7?s=96&d=mm&r=g","caption":"admin"},"url":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/?author=1"}]}},"_links":{"self":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/713"}],"collection":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts"}],"about":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/types\/post"}],"author":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/users\/1"}],"replies":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcomments&post=713"}],"version-history":[{"count":4,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/713\/revisions"}],"predecessor-version":[{"id":773,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/posts\/713\/revisions\/773"}],"wp:featuredmedia":[{"embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=\/wp\/v2\/media\/714"}],"wp:attachment":[{"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fmedia&parent=713"}],"wp:term":[{"taxonomy":"category","embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Fcategories&post=713"},{"taxonomy":"post_tag","embeddable":true,"href":"https:\/\/buracadasgrellas.es\/historia\/index.php?rest_route=%2Fwp%2Fv2%2Ftags&post=713"}],"curies":[{"name":"wp","href":"https:\/\/api.w.org\/{rel}","templated":true}]}}