A COVA DO SANTO

Entre os Montes de Noceda, lindando cos de Teixeira, atópase unha cova na que entraban os pequenos antigamente, e se di que había un Santo esmaltado na pena, colorido e mesmo había restos dun tear vello e signos de que se usaba de vivenda, antigamente.

Querendo saber máis, achegámonos a ela un grupo de espeleólogos, veciños querendo dar veracidade a tales ditos.

Á  cova entrase en horizontal e ten uns 15 metros de entra principal… É tan estreita (non máis de 30cm no lugar máis ancho)que hai que subir por a parte máis alta da fenda, onde é algo máis ancha. Se entras pola parte baixa… soa a oco, o cal quere dicir, que hai amplitude subterránea. 

Decantámonos por trepar e entrar por a parte alta da galería e chegamos a un oco o cal non demos accedido polo reducido do mesmo. Si vemos que bufa o aire, o cal denota que hai continuidade da mesma, pero para corroborar se é  lenda ou realidade, teríamos que usar algunha cámara teledirixida, o cal non fixemos.

Oco final inaccesible 25x35cm

Fonte: Óscar Carrete Lage

Deja una respuesta