LENDA DA ALDEA DO LAGO E O SAN MATEO

Na desaparecida aldea do Lago, celebrábase unha feira de cabalerías e artesanía. Máis as pelexas nesa aldea eran constantes e por iso decidiran mudar a aldea, que quedou baleira e os coios das súas vivendas foron aproveitados para facer outras na aldea de Campelo.

Cando a aldea quedou baleira, os veciños de Campelo e os de Moreda rifaban pola posesión da imaxe.

Acordaron que os primeiros que chegasen ó lugar pola maña serían os donos da imaxe do santo. Os de Moreda durmiran alí e pola mañá foran os primeiros en chegar e o S. Mateo foi para Moreda, onde aínda se conserva hoxe. Os de Campelo fixeron logo outro santo para eles, o S. Cirolo, non obstante a aldea non ten capela.

FONTE: Xesús Alfonso Parada

Deja una respuesta