Esta importantísima fraga, coñecida en boa parte do mundo, tomou tal nome porque foi vendida polos veciños de Moreda a un tal Rogueira para que explotase a súa madeira, a cambio de pagar ós veciños unha cantidade de diñeiro para facer a escola da aldea.

As Cabanas de Moreda Maior tratase dun grupo de fermosas construcións feitas con pedra calcaria, que lles confire unha gran beleza. Durante anos albergaran a videira, e hai quen afirma que alí estaba a actual aldea de Moreda. Afirman que o nome orixinal era “Amor da Maior”. A lenda conta que a pouca distancia delas, no lugar chamado As Chancelas, había un cemiterio e os veciños da Seara viñan alí soterrar os seus defuntos. Fai uns anos un veciño andaba a traballar no lugar , atopou unha desas sepulturas que tiña un gran chanto cunha inscrición, e no lugar aínda hoxe quedan restos daquela vella necrópole.

FONTE: Xesús Alfonso Parada