LENDA DAS CASAS DA CAÑERIA E LENDA DA FONTE DA CAPILLA, EN MEIRAOS

Lenda das casas da Cañeria de Meiraos:

A carón da Fonte da Cañeria habia unhas casas vellas que se empregaban para cortes de ovellas. A lenda conta que o trasno andaba asexando e apareciase en forma de carneiro.

Lenda da Fonte da Capilla

En Meiraos atópase a Fonte dese nome porque pertenceu á Capelanía de S. Xoán de Seoane. Tamén se coñece como a dos catro caños, porque ten catro bocas nun penouco. Nunha gaceta de tesouros dicían que na fonte dos catro caños había un tesouro composto por dúas olas de ouro e unha de veleno no medio. Pero había que desencantalo. Un veciño de Meiraos e outro de Sobredo achegáranse ata o lugar para facerse con el. Prenderan unha fogueira e leran o desencanto. Nestas soprou un forte refacho de vento que arramplou coa fogueira e non deixou nin as faíscas. Eles os dous, fuxiran do lugar asustados.

Imaxe de da Aldea de Meiraos

Informante: Sabela Santín