Hai muitos anos aconteceu a seguinte historia. Na aldea de Miraz había unha cova que se chamaba a Cova do Oso. Un día un grupo de persoas da aldea foron á cova e empezaron a tirarlle pedras ao oso que vivía nela. Desa vez conseguiron escapar e volveron para a casa. A segunda vez ían coas vacas polo monte arriba e atopáronse co oso. Como era rápido case os colle, mais libraron. Outro día foi un veciño e berroulle de lonxe: “Oso oseiro, tira para o lastreiro, que xa che vou detrás do regueiro.” O oso, como era tan rápido, chegou á aldea case ao mesmo tempo que o veciño, que se meteu na primeira casa que viu no cimo da aldea, onde estaban cocendo. Ao ver que entrara, os da casa saíron e axudárono a defenderse do oso, dándolle co lareiro quente do forno. O oso asustouse e marchou para a cova.
(historia narrada por Maruxa de Miraz e recollida polo alumnado de 2º ESO do CPI Poeta Uxio Novoneyra)