O TRONEIRO CASTELÁN QUE NON PUIDO COAS CAMPÁS DA IGREXA DE MEIRAOS

Un veciño de Vilasibil, parroquia de Meiraos, no concello de Folgoso do Courel (Lugo) foi ás segas a Castela e un día o amo, que sempre vixiaba os traballos, desapareceu á hora da merenda e non regresou ata o final da tardiña.
Cando lle preguntaron a onde fora, dixo: veño de apedrar sete parroquias, menos a Capeluda de Meiraos que ten unas cinzarras que non puiden entrar.
Aquel home era nubeiro dos que arman as treboadas e estaba dicindo que botara tanta saraiba que arrasara sete parroquias, agás a de Meiraos (pois ten unha imaxe da Virxe que lle chamnan Capeluda) e unhas “cinzarras” (campás) que tornan o trono moi ben.
O mesmo tronante, ou troneiro, dixo que na finca dun veciño de Noceda só deixara un nabo no medio da leira.



Fonte: Xesús Alfonso Parada. Usos, costumes e cousas do Courel, Toxosoutos, Noia, 2007, páx. 379.

Deja una respuesta