RITUAL DA CABEZA DE VÍBORA
Se se atopaba un cunha víbora, pisábana cun pé na cabeza e outra na cola e cando estivese ben presa, cortábanlle a cabeza cunha navalla. Gardábaselle a cabeza e gardábase nunha caixa de cerilla en Meiraos, noutras aldeas gardábanse nun caxato furado, na mao dun paraugas, etc.
Cando se levaba a cabeza da víbora enriba, decíaselle: “Cabeza de víbora para o ben te chamo. Vai a onda fulano e que lle….”. Tamén se usaban para pedir o mal a alguén.
En aldeas como Teixeira, tamen a usaban como amuleto da sorte, levandoa no peto cando se viaxaba, ou se xogaba ó Julepe ou ó Tute. Co corpo da víbora, nesta aldea, había quen facía un caldo con esa carne para fins terapéuticos
RITUAL DE NAMORAR
En Villasibil, facían un ritual que consistia en recoller 24 perucos e metelos nun cacharro de bronce ou cobre e telos a secar durante varios dias, e logo cun cullerón de cobre poñelos a torrar na lareira hasta que quedaran torrados de todo e machucábanse ata que fixera polbo.

“Eu pulverízote baixo a graza de deus para que mentres este espiñeiro críe perucos, ti non te separes de min”
Facíase a sinal da cruz e dicíase: ”Que deus te bendiga pereira verde, que quitas mil dores e xeras amores. Bendita ti, no sol da mañá”
Noutras aldeas tamén recordan que para este ritual botaban sementes de xilbarda cando se estaba botando a colleita no rego. Ía acompañado dunha frase que xa non se recorda.
RITUAL CONTRA A NEBOA
En Villasibil decían: “Levántate nebra ó alto da serra, onde non hai nin pan nin herba, nin cousa que deus conserva
Levántate nebra ó alto da serra, de pedriña en pedra, camín de Paradela
Levántate nebra o alto da terra, que hai ben San Juan, con seu cadelín can, ca súa muller barbuda que é grande como unha pulga”
RITUAL CONTRA O TRONO
Para tentar que o trono non fixese dano, en Piñeira solian sacar o Santo a unha pedra nas escaleiras da capela, en Moreda a unha ventá que daba contra a devesa, en Villasivil á portada que ten a capela, en Teixeira sacábase o Sto Bo Xesus e poñíase de cara para onde viña o trono.
En Mercurín cando tronaba sacaban o santo e dicían:
“Cando trona cristo sona, San Miguel con su corona, Santa Bárbara bendita que no ceo está escrita, cun ramiño de loureiro bota tras d`ise tueiro”
En Meiraos e Motad Solian botarlle sal gordo ós teitos, ou facer unha cruz ca mesma sal. Tamén era común sacar a pá e o lareiro de cocer e cruzalos nun cruce de dous ou máis camiños.
En Meiraos facían un fumazo con loureiro bendito botándolle auga bendita e un corno dun carneiro e recitaban:
” Santa Bárbara bendita que no ceo está escrita, Santa Bárbara bendita Cun ramallín de Loureiro e unhas gotas de auga bendita, que siga tralo tueiro”
En toda a parroquía de Meiraos tamén tocaban as campás decindo:
“Tente trono tente ti que deus pode máis que ti” “Capitilla, capitan que vestido non nos dan, ca muller de Xan Queiroga…”
Un conto que se pode ver no seguinte vídeo, decía:
“Entre a capeluda de Meiraos, o carrizo de Teixeira e a barbuda da Carqueixeda, eiquí non hai quen entre”
RITUAL DE NOITE VELLA EN VILLASIVIL
Era como unha predición que se facía para saber o tempo que viria o ano próximo. Consistía en por enriba da mesa 12 cascos de cebola e cada un deles cunha area de sal igual de grande , dentro deses 12 cascos. No cascos que derretía a area de sal, antes das 12 da noite, significaba que sería un mes mollado. Un dos que o facía era Domingo da Casa de Ribeira de Villasivil
Informante X. Parada e veciños de Teixeira