Outra lenda moi vinculada coa tradución popular son as historias sobre tesouros agochados , pola esperanza de saír da miseria que asolagaba ó rural galego. A veceira practicábase na montaña como unha maneira de coidar o gando ovino de toda a aldea , por unha soa persoa. Que se encargaba de pastorear as ovellas de todo o pobo, de maneira rotatoria entre cada vecín.

Nun lugar que se chama Fontosaños (entre Teixeira e Louzarela) dicíase que cando as ovellas da veceira pasaban para un lado, descubrían un tesouro e que cando pasaban para o outro se volvía agochar