SEOANE

As Respostas Xerais do Catastro do Marqués da Enseada constitúen a máis antiga e exhaustiva enquisa dispoñible sobre os pobos da Coroa de Castela a mediados do século XVIII.

Son datos destes 5 lugares: Seoane, Moreda, Parada, Piñeira e Mercurin

Entre 1750 e 1754 todas as poboacións de «as Castillas» foron sometidas a un interrogatorio constituído polas 40 preguntas seguintes: Nome da poboación (pregunta 1); xurisdición (2); extensión e límites (3); tipos de terras (4, 5); árbores (6, 7, 8 e 13); medidas de superficie e capacidade que se usan (9, 10); especies, cantidade e valor dos froitos (11, 12, 14 e 16); diezmos e primicias (15); minas, salinas, muíños e outros «artefactos» (17); gañados (18, 19 e 20); censo de poboación, con veciños, xornaleiros, pobres de solemnidade (21, 35 e 36), censo de clérigos (38) e conventos (39); casas e outros edificios (22); bens propios do común (23), sisas e arbitrios (24), gastos do común, como salarios, festas, empedrados, fontes (25), impostos (26 e 27); actividades industriais e comerciais, coa utilidade dos bens ou servizos producidos: tabernas, mesóns, tendas, panadarías, carnicerías, pontes, barcas sobre ríos, mercados e feiras (29), hospitais (30), cambistas e mercadores (31), tendervos, médicos, cirurxiáns, boticarios, escribáns, arrieiros etc. (32); albaneis, canteiros, albeitares, canteiros, ferreiros, zapateiros etc. (33, 34); embarcacións (37); bens enaxenados (28) e rendas propias do Rei (40).As Respostas a estas preguntas obtéñense seguindo un proceso previamente regulado.

DICCIONARIO DE MADOZ – 1846-1850