CABANAS DO MUÍN DE VAO

Un grupo de cabanas, preto de 40, con divisións internas; que se atopan preto da Ruta do Río Pequeno. As 34 casas que se recordan en Meiraos, tiñan aquí unha cabana. Usábanse para gardar a herba e a leña.  Os seus propietarios, cando baixaban a noite levaban un brazado de leña para gardar.

Este grupo de cabanas (tamén coñecidas por Cabanas dos Carballois ), é o grupo máis numeroso que hai na contorna, de cabanas xuntas. Tal era a acumulación de cabanas, que nunha ocasión, un home foi pedir esmola, pensando que se trataba dunha aldea.

Todas as cabanas están a marxe dereita do carreiro, segundo se ascende. Atópanse Cruzando a ponte de Muín de Vao e ata a Pena de Supenela

O nome , débese a que estaban próximas a un antigo muiño da desaparecida Casa do Vao de Meiraos.

Foto aerea 1956 do sitio

Este conxunto, debería ser, canto menos, obxecto dunha recuperación e reteitado.