Escapado de Louzara

Cando estalou a guerra un home chamado Juan, da casa de Locai de Lóuzara non quixo ir á guerra, non sei se por medo ou simplemente non era partidario da violencia. Converteuse nun escapado.

Él movíase polos soutos e montes, pero pasou moito tempo, deses tres anos que durou a guerra escondéndose na cacarocha dun castiñeiro de Lousadela. Sempre me pareceu increíble que unha persoa puidera resistir, sobretodo días de inverno ei metido Estaba situado nas leiras de riba da casa, dende alí tiña vixiados tódolos camiños. A abuela Balbina( miña bisavoa) mandaba os pequenos( seus fillos) con comida para Juan. Él, en agradecemento cando todo estaba calmo, facía algunha labor por esas leiras, como sachar as patacas … Xestos de humanidade que tanta falta nos fan na nosa sociedade. Pasada a guerra Juan regresou a Locai, comprou máquinas de mallar e aínda meu pai andivo mallando para él.

Informante Cristina Ramirez Gallego