IMPORTANCIA DO LUME NA MONTAÑA

A importancia do lume na montaña, vai máis ala de cociñar  ou quentar a casa, que tamén.

Tres persoas asando chichos con forquitos improvisados

Ata fai poucos anos, cando se levaba o gando ó monte ou as leiras, era costume encender unha fogueira para quentar as mans, e mitigar o frío.  Por elo, non era dificil deixar “puxas” para encender e leña, normalmente de piorno, a  coballo no propio sitio que se pretendía encender. Agarimada cunhas pedras para que non se humedecese e servira para encender.

Ese lume, os que non o fixestes, podédesvos dar conta o que significaba nos días fríos ou de choiva.  Quentaba, entretiña velo arder e de paso se levabas un “chicho asado ” ou un chourizo. Facía que o día pasase doutra maneira.

Asando un chicho cun forquito improvisado

O Lume tamén lles servía os nosos antecesores , como ferramenta cando tiñan que andar de noite, para espantar o lobo. Levábase en forma de fachos.

Para facer o carbon tamén se soterraban cozas de uz e queimabanse , parao carbón usado nas forxas ou fraguas que lles servían para laborear esa terra que facía falta para alimentar a toda a familia . Calzar as aixadas, dicía meu avó. Esas aixadas que servirían para cavar o monte que se sementaba para trigo ou centeo. Monte que antes de cavar , se queimaba a vexetación superficial, se cavaba ou escambelaba e logo cos torrois que saían  tamén se lles prendía lume e servían de aporte de potasio para que medrasen mellor a espiga.

O lume nas lareiras, servía para cociñar, quentarse, afumar a matanza , cocer as varas para facer cestos, etc…

Tamén era tradición en aldeas, ir mozas e mozos as festas de aldeas lindeiras e prender o lume mentras se comía no campo da festa. E de paso se cantaba , brindaba ou se contaban contos, ó lado do lume. Ata fai ben pouco,  ata 40 veciños de Teixeira ían o San Lourenzo a Portela de Louzara e asaban o chicho(imaxes desa festa nos anos 90)

Festa en Portela de Louzara, veciños de Teixeira

Informante Óscar Carrete