MAGOSTO O DÍA DE TÓDOLOS SANTOS

Os magostos aquí eran moi populares tanto na brasa, coma no tixolo( cachela) coma no tambor e logo no ferro da cociña…pero pouco se coñece do Samaín do Caurel. Tamén ” o brugacio” castañas cocidas cunha fenda para abrilas e mesturadas con leite. Tiñan que ser da variedade branca….Cando as asaban no tambor había quen botaba unhas patacas tamén, sobre todo en tempos de fame.

En toda Galicia, o día de hoxe era común o uso de Castañas.

Informante: Xesús A. Parada