MANUEL CELA MACÍA ‘paseado’ DESDE PARADA A TEIXEIRA .O 16 de Outubre do 1936

Na memoria do asasinato dun veciño da aldea de Parada, Manuel Cela Macía, paseado por uns falanxistas ós 21 anos , o día 16 de Outubro de 1936. Manoel de Ribadaira, que así se chamaba a casa de Parada  na que  nacera , tocaba o clarinete e era un home moi aposto, ó que os asasinos lle tiñan envexa . Manoel, estaba marcado desde que o viron nun mitin de Acción Rrepublicana en Seoane, durante o cal, alguén lle pegou un tiro a un dos candidatos mentres interviña. Manoel, levaba un brazalete do partido (daquela non había pegatas), e axudou a trasladar o ferido nunha escada ata Quiroga. Parece que foi a súa participación no mitin portando o brazalete e o auxilio ao ferido, o que precipitou as iras da Extrema Dereita Courelá, que dende aquela non descansaron ata que conseguiron a “ocasión”. Foi durante a Guerra, e mentres desfrutaba dun permiso en Parada, cando os desalmados o foron buscar á casa de noite. Os falanxistas estaban liberados de acudir ao Frente, e adicábanse a percorrer o Courel, matando, roubando, acosando, ….. mentras os mozos e os casados de ata trinta e pico estaban na contenda.

Viña de permiso do fronte,  e os veciños  avisárono dicíndolle que se lle picaban á porta, non deixase o mosquetón moi lonxe. Advertencia , á cal non fixo caso. Logo pasou o que o poeta desta mesma aldea, recolle nun poema.

Novoneyra escribiu iste poema intitulado “Romance de Manoel de Ribadaira“:

A Federico García POR toda a Serra homes galgando de noite petan MANOEL CELA chamaron MANOEL DE RIBADAIRA pros do lado rípanllo ós pais d´entr´os brazos e din que din que baixaron d´a cabalo d´il polo REAL abaixo din que lle prometía a escopeta dos caños i a cadeliña nova qu´il tiña insinado e que non volvería aprovecer en anos que lle xancen un dedo pra levarllo en proba ós que mandaron matalo pasaron SAVANE e MEIRAOS de largo poucos o viron todos se ciaron a avistar TEIXEIRA fixeron alto xunto a cova grande escolleron campo volteou no aire o primeiro disparo houbo logo un segundo un terceiro e un carto guindárono ó fondo sin rematalo botaron tras d´il seixos e lanchos algo viron e ouviron pastores do gado e trougo recado a probe co saco foi o concello de PARADA sacalo tuveron que pór dous liames atados preso da cintura baixa seu pai imbaixo atao con fibelas e lazos cruzados soben a MANOEL morto logo ó pai de anos pórtano en andas polo monte lampo atarvesan lugares por un foco despanto marcados pasos apelotonados o que foi a pé é en andas tornado hastra SAVANE e tral´o adro volta REAL arriba concello calado todos co mesmo silencio cargados a PARADA chegan estase agardando didiante da casa o pobo acircado eilí vin eu nino de seis anos da mai i as irmás o pranto máis alto ata que unha a unha se foron esmaiando din que eran catro os que o pasearon que todos iles morreron arrabeados catro eran son nomes que calo comprense niste corenta contados 1976.

Un dos catro foi Emilio Aira-alias O Matón ou O Zorro, como os coñecian os seus veciños de Teixeira. Contan os veciños de Teixeira, que ó volver de facer a “allada” lles decian na aldea: “Non bebades d fonte do xardoal(transita a auga desa fonte, pola cova na que tirarón ó Paseado), que tiramos a un corzo eilí”. Tamén contan que cando o sacaron, quedaban máis corpos eilí. E mesmo o baixar de facer o asasinato, xantaron na Casa do Estudiante dicindo: “Traédenos algo de comer que vimos de cazar un bon pájaro”.

Despois das reiteradas protestas de algúns familiares e un escrito que escribiu un pai dun “paseado” -da Casa de Vilelo de Ferreirós de Arriba. Algúns dos desalmados da falanxe que delinquían pola serra foron enviados ao frente e alí foi onde ao parecer un sarxento matou ó Emilio Aira de Teixeira, ó parecer agarrouno polo pelo e metendolle os canos da pistola nun oido díxolle ” meu pai ensinoume a segar fondo”. Outras verións dicen que estando no cuartel en Zaragoza, cruzouse cun vecín de Teixeira e lle dixo: “Emilio, eiquí non fais tantas valentías”. E dias despois, estandose afeitanda no baño, empuxárono pola ventana e quedou cravado nos picos da valla. Tamén nos din que o resto dos matóns eran un de Seoane, outro de Orreos e outro de Parada, – os catro matóns .

O poeta, entre os 6 e os 9 anos, mantivo o segredo calado sobre o lugar do escondite do seu tío e padriño, Manuel Novo, alcalde do Frente Popular. Deixamos un video onde recita dita poema.

Informantes: Uxio Novo, Xesús A. Parada , veciños de Parada, veciños de Teixeira