POZO DO VAL DAS OLAS

O Pozo do Val das Olas, está no Regato de Ribón entre Teixeira e Portela de Louzara. Contan que unha vez caera un boi ó interior do pozo e que saíra nadando. Logo que meteran un caldeiro atado a un liame e que se acababa o liame e non tocaba fondo, o caldeiro. Contan tamén que sacaran de alí unhas campás cunha parella de bois un carro.

Fervenza de Val das olas

Recentemente, fomos a probar a fondura do pozo e tiña 2,40 metros… Non quere dicir que non fose certo, xa que o paso do tempo e a terra que arrastra o rio, o  fose racheándoo.

Pozo visto dende arriba

Fonte: Oscar Carrete Lage

Deja una respuesta