Vendo a deixadez á que nos teñen acostumados no medio rural; dende toda-las administracións. Decidimos crear unha asociación capaz de protexer o noso entorno e crear eventos culturais, sociais, ecoloxico e tradicicionais para que as xentes do medio rural, poidamos disfrutar de máis actividades, recuperar vellas tradiccións, e sufragar en gran medida a falta de servizos que supón a vida no rural.
Esta asociación, definímola como Xuvenil, pola situación de todolos socios fundadores, Ecoloxica, como deben de ser tódolos colectivos que aprezan onde viven e que pensan que se pode protexer e aproveitar, ó mesmo tempo que se deben realzar, para que outras xentes que non teñen o privilexo de vivir no Caurel, podam disfrutar da natureza. Esta Asociación tamén responde a definició de Cultural ,devido á realizacion de activadades e practicas desta índole.Por último tamén pertencemos a Colectivo Rural,dada a situación xeografica na que nos encomtramos.
Este colectivo non atende a intereses partidistas, como así o recollen os nosos estatutos. Atendendo só a cada unha das opinións persoais e construtivas dos socios. Tampouco non queremos nubrar ningún servizo que nos chegue de entes publicos, pero sí complementalos.
Decidímoslle por este nome pola Buraca (di: fenda,cova en vertical.) que temos enfronte de Teixeira. Esta fenda esta no calizo, e ten unha fondura considerable. É accesible ata o 20% do recorrido. Logo fai falla usar cordas e arnés, xa que baixa en vertical centos de metros.