Os seguintes documentos orixinais, propiedade da Fundación Vicente Risco e está
custodiado no seu arquivo.
Autor : Esperanza Rodicio Casar
Ano : 1931/1932
Medidas: 16x22cm
Descripción:
Texto mecanoescrito realizado por unha alumna de Don Vicente Risco que responde
a un cuestionario, chamado de folclore, que facía de forma habitual ao alumnado
sobre lugares ou poboacións das que tiveran coñecemento, neste caso Vilarbacú
(antigamente do Courel) e Aldeas de Poboa de Brollón
O cuestionario constaba de 7 seccións e dentro de cada dunha delas o alumno tiña
que responder unha serie de cuestións que se enumeraban e detallaban na proposta
de traballo
As seccións eran:
Sección 1 : A Terra, a xente e a historia
Sección 2: Idioma e literatura popular
Sección 3: Costumes das xentes
Sección 4: Relixión
Sección 5: Superstición
Sección 6 : Medicia popular
Sección 7: Ciencia Popular
Don Vicente Risco clasificaba estos traballos, almacenados en carpetas artesás,
ordenados alfabeticamente, gardados en grupos de letras.
A maioría dos traballos de folclore, que se conservan, corresponden á provincia de
Ourense
FVR-A167-6
FVR-A68-2-9
FVR-A66-2-11